domingo, 23 de noviembre de 2008

SEGURIDADE EN TEMPOS INCERTOS

En plena crise, cando as colas do INEM vólvense cada día mais longas, a Xunta de Galicia decidiu poñer remedio aos agobios dos pagos da hipoteca e do coche. Non quere o Presidente que ninguén permaneza dubitativo nin un minuto mais do preciso ante a opción de mercar, mesturada co temor de quedar sen emprego e non poder así facer fronte ao pagamento de ámbalas dúas cousas.

Por iso, o Goberno do Bipartito decidiu facer un seguro que cubra ditos gastos en caso de que o traballador endeudado quede no paro, por un período máximo de 2 anos, o cal lle daría un respiro para buscar outro emprego sen pensar que pode quedar sen teito baixo o que gardarse dos fríos ventos da crise.

Temos que aplaudir esta medida, que protexe ao traballador fronte á maquinaria fría e despiadada do capitalismo actual. Aplaudimos que por fin os cidadans se vexan capaces de enfrontarse a unha débeda a longo prazo sen preocupacións e sen medos.

Pero ollo, que isto non sirva para que a Administración Pública asuma a responsabilidade de cada cidadán individual co diñeiro do resto de xeito incontrolado.


No hay comentarios: