miércoles, 31 de diciembre de 2008

Galicia necesita Máis e Mellor

Estamos asistindo a unha notabale disparidade de criterios PSOE-BLOQUE, en relación á reforma do financiamento autonómico cuio borrador presentouno recentemente o Ministro de Economía, Pedro Solbes.

É doado entender que nun asunto de tanta importancia para Galicia, os dous socios de Goberno terían que ter un posicionamento común, unha unidade de criterios para poder defender con firmeza a nosa participación na "torta" do reparto autonómico.

Mentres a maioría das demáis autonomías teñen formulacións claras e van a polo gran que lles interesa, Touriño considera o reparto de positivo e razoable para os intereses de Galicia e asegura que o acordado "responde ás expectativas". Por outra banda, o socio de goberno, acúsanos de de "insuficiente e prexudicial para o noso país".

Entón, en que quedamos!. Nun asunto de tanta transcendencia non cabe lugar á improvisación nin a división das peticións a realizar en Madrid. Un goberno autonómico ten que ter, en asuntos de tanta envergadura, unha posición clara e precisa do que se pretende e quere facer valer. Non é de recibo para os xuros de Galicia o que se vaia a negociar e ó final, nós digamos unha cousa e o socio de goberno outra.

Esta división tan manifesta, coloca a Galicia nun lugar de inferioridade respecto doutras comunidades, ante os nosos propios cidadáns e, se non queremos dar a razón ós que critican de que hai un "bigobierno" ou "dos gobernos distintos na Xunta", non podemos estar en desacordo na defensa dos intereses de Galicia.

Temos que pedirlle a Touriño unha maior exixencia neste eido. Galicia non é unha comunidade de segunda. Galicia necesita un mellor financiamento.

lunes, 29 de diciembre de 2008

A tortas co voto emigrante


Unha vez máis volvemos ter unha imaxe de confrontamento entre o noso partido e o BNG.

O vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, culpou hoxe ao BNG de "querer eliminar o voto da emigración" porque é un sufraxio "no que hai anos traballa" para ter presenza e "non o conseguiu".

Varela replicou deste modo ao coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, que acusou os socialistas de "manter un dobre discurso para evitar esta reforma por intereses electorais".

"A diferenza entre o BNG e o PSdeG é que nós queremos regular e o BNG quere eliminar o voto da emigración, porque é un voto no que hai anos que traballa para ter presenza e non o conseguiu, non consegue nos procesos electorais máis alá dun dous ou un tres por cento", acusou Varela, quen reprochou que ao Bloque "sinxelamente non lle interesa e pretende eliminar ese voto".

O dirixente socialista condenou o "dobre discurso" do BNG, un o que manifesta "aquí" en Galicia e outro "fóra". Así acredita como en Arxentina, Uruguai ou Suíza, os nacionalistas "defenden os dereitos dos emigrantes e aquí os elimina".

"Sería bo cando o BNG fose a Bos Aires ou Montevideo que lles dixesen aos emigrantes galegos o que din aquí en Galicia de que son uns votos vendidos ou vergonzosos", asegurou.

domingo, 28 de diciembre de 2008

Promesas en tiempos de crisis

A pasada semana viu Pepe Blanco a Galicia, concretamente a Ourense. Viu coa idea de templar os ánimos e subir a moral de cara ás próximas eleccións autonómicas nas que afirmou que o PPdeG perderá posicións frente ó PSOE.

Segundo José Blanco as cousas non marchan tan mal, así que podemos estar tranquilos...

Puñetazo na mesa do Presidente


Touriño deu hoxe un puñetazo na mesa que se viña reclamando dende fai algún tempo.

Mentres a victoria nas próximas eleccións é cuestionada pola Oposición día si día tamén, o BNG adícase a plantar cara a quen non a ten que plantar: o PSdeG.

O asunto do concurso eólico xa comeza a cristalizar no exterior coma unha crise de goberno, pola falla de acordo entre os dous, algo non demasiado beneficioso nestres intres.

Xa se botaba de menos o punto sobre o i do Presidente neste desafío aberto de Quintana, que ás veces esquece que só ocupa o segundo posto, non o primeiro.

Decidido a resolver él o concurso eólico, Touriño recordoulle que a aprobación dos proxectos definitiva corresponde ao Consello da Xunta, que é quen ten que dicir a última palabra, e non o BNG, que con só 13 Deputados están a adoptar formas últimamente de Partido maioritario.

Veremos agora cómo manexa a situación Touriño. Nós non agardamos menos del, que tome o mando deste asunto tan polémico que nos está emborrallando a imaxe de xeito inédito, e que lle poña punto e final a esta sublevación tan rastreira e afán de figurar do BNG.

viernes, 26 de diciembre de 2008

A roupa sucia hai que lavala na casa


A pesar da proximidade das eleccións autonómicas temos que ter moito coidado con sacar á luz pública a roupa sucia do partido. Isto ven acolación porque parece que empeñámonos en airear os desacordos internos con enfrentamentos e trifulcas en público que nada nos favorece de cara os inminentes comicios do mes de Marzo.

O derradeiro desaforo o protagonizou o alcalde de Vigo, ó oponerse ó "Plan Sectorial Galego de Solo Residencial" máis coñecido como o "PGOM"e a disputa foi, unha vez máis, co noso socio de goberno, o BNG.

O BNG pretendía facerse cargo da adxudicación da vivenda protexida cousa que ó alcalde Caballero non lle sentou nada ben porque considera que lle compete a él.

Por unha banda Caballero entende que o PGOM é o marco adecuado para atender a demanda da vivenda protexida e quere que eses recursos sexan postos a disposición do Concello e sexa éste o que lidere a construcción de vivendas protexidas.

Por otra banda o BNG local, considera incomprensible que o alcalde poña impedimentos a dito Plan e trate de apropiarse do impulsado polo BNG dende a Xunta.

En definitiva, se non tiñamos bastante coa trifulca pública entre Aymerich e Lage, agora isto.

jueves, 25 de diciembre de 2008

¿Qué ocorre en Arteixo?

Agora que estamos case finalizando o ano, debemos facer unha reflexión sobor da peliaguda situación pola que estamos a atravesar en municipios como Arteixo.

A nosa desgraza é que as opcións de goberno que temos son por medio de pactos, xeralmente co BNG, ás veces, como nos ocorre en Arteixo, con Terra Galega. Formación, por outra banda, que non ten uns principios ideolóxicos que se achegan aos nosos, senón que van un pouco por libre, firmando pactos de goberno con quen mais lles convén en cada momento.

Con eles estamos expostos a que nos inviten a pasar á oposición en calquera instante.

Pero, indo un pouco mais en profundidade no que acontece neste Concello do Noroeste galego, atopámonos con que a Alcaldesa, Pilar Souto, rexeitou fai pouco, os planes de vivenda que a Xunta de Galicia tiña pensado aplicar neste e noutros municipios.

A 2 meses dunhas eleccións nas que nos xogamos moito, a mandataria local decide actuar por conta propia, pasando por alto a delicada e sutil crise pola que atravesa o goberno autonómico, e poñendo en entredito a política de vivenda de Teresa Táboas no momento menos axeitado.

Como ela, outros Alcaldes socialistas tomaron a decisión de botar terra por riba das pretensións da Consellería de Vivenda, a pesares de ter recibido ordes dos superiores de non poñer trabas aos nosos socios na Xunta.

A pregunta é obvia: ¿qué ocorre cos nosos Alcaldes e Alcaldesas, que están empeñados en afundir o barco das políticas que mais beneficios dan: as de vivenda? ¿Por qué o Presidente non lle pon fin a esta pequena e desapercibida rebelión contra o nacionalismo? Nestes momentos non debemos actuar para restar, senón para sumar. A Xunta de Galicia dependerá da nosa maña para achegar posturas, e non para alonxalas.

Rematemos ben o ano.


miércoles, 24 de diciembre de 2008

Apertura sen rematar



A conselleira de Política Territorial, Obras e Transportes, María José Caride, inaugurou onte o treito de Autovía entre As Pontes e Cabreiros. Este tramo corresponde co anexo xa feito da autoestrada que vai unir Ferrol con Vilalba.

O tramo é tan só de 9 kilómetros e a súa inauguración viño chea de críticas e comentarios especialmente entre os membros da oposición. O PPdeG acúsanos de inaugurar unha autovía cando todavía lle falta máis do 20% da construcción. E a verdade que neste senso, un pouco de razón non lles falta.

A imaxe da Conselleira inaugurando un tramo de 9 kilómetros de autovía foi un tanto paradóxica. Non me imaxino construír unha autoestrada nova e inaugurala tres ou catro veces, a tramos de dez kilómetros cada un.

Esperemos que estas cousas so acontezan por estas datas de ledicia e optimismo.



martes, 23 de diciembre de 2008

Ditosa axente electoral...



Mari Sol Soneira segue dando problemas co tema do axente electoral
.

Nós preguntámonos por qué motivo segue estando no posto no que está, despois de todo o que ocasionou por mor da súa torpeza nas súas accións.

Neste tipo de cousas o estilo do Partido Socialista é sempre o mesmo, en España, en Galicia, e en todas partes: Non remover a ninguén do seu posto faga o que faga. A palabra DIMISIÓN é unha descoñecida que non mora no vocabulario habitual dos que antes pediamos dimisións por calquera cousa.

Seguimos reclamando o exemplo que precisa a cidadanía, o exemplo do bo facer e de acatar as consecuencias das nosas accións, sexan a as que sexan.

Non entendemos que se premie a alguén coma Mari Sol Soneira por malfacer, por mentir e por xogar coa imaxe do PSdeG nunha época na que xogar é o que menos se debe facer.

A non ser que todo isto teña uns intereses ocultos que non convén que se saiban, co cal quedariamos en evidencia de novo ante un electorado que non está disposto a perdoar mais erros desta índole.

Concurso eólico

Nas derradeiras datas coñecíamos a noticia de que Galicia deixaba de ser a primeira Comunidade Autónoma na producción de enerxía eólica, en favor de Castela e León. A este dato, por desgracia, temos que sumarlle o conflicto provocado polo concerto público de empresas para a creación no futuro desta enerxía renovable na nosa comunidade. E isto, tamén nos toca moi de cerca.

A situación está a acadar niveis francamentes preocupantes. A transparencia tantas veces esgrimida como bandeira polo BNG, non está a ter aplicación práctica nos seus gabinetes. De feito membros do noso partido desconfiaron publicamente da limpeza do proceso, e isto non é precisamente unha noticia que poida xenerar tranquilidade ós futuros, e próximos á vez, votantes galegos.

O problema vén cando un partido que representa ó 18% dos galegos é o que está a xestionar e decidir o reparto dun negocio que moverá máis de 5.000 millóns de euros, que se di pronto.

O Presidente Touriño non se pode quedar de brazos cruzados, terá que tomar a decisión máis correcta para rematar con este conflicto e con esta falta de claridade no concurso eólico. E polo momento case que a mellor solución e parar o concurso e darlle unha volta de transparencia ó concerto de enerxía eólica.


lunes, 22 de diciembre de 2008

SOCIALISTAS NA VANGARDA DESÉXATE UNHAS FELICES FESTAS





¡SOCIALISTAS NA VANGARDA QUERE DESEXARTE UNHAS BOAS FESTAS E UNHA MELLOR ENTRADA DE ANO 2009!

¿Touriño vs Feijoo en A3?


A directora dos servizos informativos de Antena 3 TV, Gloria Lomana, emplazou a Emilio Pérez Touriño e a Alberto Núñez Feijoo, a un debate cara a cara, con motivo da celebración das eleccións ó Parlamento de Galicia o próximo día 1 de Marzo.

O presidente dos populares galegos, Núñez Feijoo xa aceptou a proposta e agarda que o Presidente en funcións, acépteo tamén.

Para Alberto Núñez Feijoo, os cidadáns galegos teñen o dereito de escoitar cales son as alternativas de Goberno dun e outro partido, e según Feijoo, nada mellor que un man a man das dúas persoas que teñen posibilidades reais de presidir o próximo Goberno de Galicia."

Agora Antena 3 TV está á espera da confirmación do noso líder socialista, Emilio Pérez Touriño quen aínda non se decantou acerca da posibilidade da realización do debate e do que esperamos dende aquí que si aconteza.

Ben é certo que éste non é quizáis o mellor momento para Touriño, xa que dende a súa presentación como candidato, que por certo non contou coa presenza e o apoio do Presidente do Goberno, teme que o líder do PP, logre poñer en evidencia algunhas das políticas que se levaron a cabo dende o bipartido da Xunta.
Dende logo, o que si estou seguro, e que o debate televisivo ten que producirse. É moi importante para o electorado galego coñecer de primeira man, cales son as propostas e alternativas de ambolos dous grandes partidos nacionais e autonómicos.

domingo, 21 de diciembre de 2008

As enquisas... ¿aliadas ou inimigas?

Resulta ben curiosa a enquisa que nos fixeron chegar dende Ferraz, na que se reflictían uns resultados electorais mais ben difíciles de creer, aínda que todos esteamos desexosos de creelos.

En dita enquisa, saída do seo interno do Partido Socialista, emitían unha nova firma do pacto PSdeG-BNG que permitiu o cambio ata o de agora, cunha subida do noso Partido de dous Deputados, en detrimento do PP, que os baixaría.

Tamén se baraxa unha baixada mais leve dos da Oposición, en tan só un Deputado, acompañados dos nosos socios, que baixarían outro Deputado, no noso benficio.

Nós discrepamos dese análise dos resultados electorais, mais propios dun posto de pitonisa á que se lle paga para que diga o que queremos escoitar, que dunha obxectividade mais que precisa nestes intres.

Sabemos que tódolos partidos xogan con enquisas internas para animar o graderío das bases e que suba o ánimo do persoal militante, pero nesta ocasión vai facer falla mais que unha subida ficticia de 2 escanos para convencernos de que as cousas están así de ben.

Poderíamos facilmente dicir que a directiva do PSdeG está xogando a facernos creer que estamos a vivir nun mundo máxico, nun mundo idílico onde tódolos erros cometidos nesta lexislatura, tanto interna como externamente, serán recompensados cunha subida espectacular.

viernes, 19 de diciembre de 2008

Unha SGAE agradecida


Non debemos deixar pasar un tema tan polémico no seu día: o pago que temos que realizar á SGAE pola utilización das cancións dos artistas pertencentes a esta asociación.

Parécenos ben que se puxese o canon, a pesares das críticas do PP, que dicían que era o pago de Zapatero pola suposta axuda que lle prestaron dende a Plataforma de Artistas en apoio a Zapatero (PAZ). Os artistas teñen que vivir das súas creacións, musicais, literarias,... pero este imposto non debe ser aplicado de xeito arbitrario, cobrándoo segundo quén teña que pagalo.

É o caso dos actos políticos festexados ao longo de todo o territorio do noso país, nos cales ás veces empregamos o himno de cada partido, e outras veces, cando queremos ser mais modernos e diferentes, empregamos música de coñecidos artistas actuais.

Cando isto sucede, e coma todo fillo de veciño, temos que apoquinar a correspondente cantidade á SGAE. Sen embargo, isto non se aplica igual para todos. Nós, que predicabamos naqueles tempos nos que estabamos na oposición un trato igual, a supresión dos amiguismos e os privilexios, atopámonos con que, non só somos iguais, senón que ás veces somos peores dos que nos antecederon...

Preguntámonos, ¿por qué a Presidenta da Comunidade de Madrid tivo que abonar o imposto por empregar determinada música no seu Congreso Autonómico, e nós non tivemos que facer o mesmo por empregala no nosos Acto de Proclamación de Touriño coma candidato á Xunta de Galicia?

¿Non deberiamos predicar co exemplo se queremos poder falar con todo o peso da razón e da moralidade, sobre todo agora que veñen as eleccións? Non queremos mais enganos, nin mais caciquismos no noso país. Deixemos atrás os comportamentos de favoritismo e comecemos a ter un comportamento axeitado ao que somos: un Partido serio.





jueves, 18 de diciembre de 2008

1-M eleccións


Emilio Pérez Touriño púsolle fecha definitiva ós inminentes comicios autonómicos. Quédanos escasamente tres meses de duro traballo antes da decisiva cita electoral que finalmente será o próximo 1 de Marzo.

A reunión tomouse despois da celebración do Consello da Xunta onde confirmou a fecha das eleccións e onde ratificou que o Decreto convocarase entre os días 2 e 6 de xaneiro, coa conseguinte disolución do Parlamento. Asemesmo a campaña comezará o día 13 de febreiro, quedando dúas semanas de ardua campaña antes das eleccións.

O noso presidente afirmou que se encontra "esperanzado ante a nova etapa que xorde e dixo que lle pedirá a todolos galegos que sigan apostando por un goberno firme, serio e convativo".

Outra das claves do seu discurso xirará en torno ó continuismo pola senda do progreso e da modernización.

Touriño dixo tamén que é "optimista" e que non cree que o voto emigrante vaia a alterar con respecto ás anteriores eleccions autonómicas e concretou que viaxará a Bos Aires e Montevideo para o mes de febreiro como "candidato" a fin de celebrar mítines, respentado o código ético establecido polo PSdG e o BNG a fin de non utilizar electoralmente actos institucionais de ningún tipo durante o período electoral. Pasou moi de puntillas acerca de regulalo voto emigrante e dixo que iso era cosa de Congreso dos Deputados.

Estas foron as claves dun día moi esperado por tódolos galegos. Agora si é definitivo.

O 1 de Marzo, Touriño Presidente.

Amienemigos



Ás veces preguntámonos se acertamos nos amigos que nos fixemos para sacar Galicia adiante. Preguntámonos a miúdo entre os afiliados ao Partido Socialista, se verdadeiramente non será peor para nós a longo prazo ter ó lado a un Partido mais interesado en gañar un puñado de votos que en conservar unha alianza que, en teoría, e se a memoria no nos engana, foi feita polo ben da nosa Comunidade, polo ben dunha terra que estaba farta de xestións mellorables, polo ben de Galicia, que precisaba dun goberno de progreso.

¿Onde quedou o progreso?

Progreso quedou reducido a que os nosos aliados no goberno de Galicia nos chamen corruptos.

Progreso quedou reducido a que os nosos socios na Xunta nos digan que mercamos sacas de votos nas oficinas de correos dos países nos que os emigrantes exercen o seu dereito ao voto.

Progreso quedou reducido que os nosos "compañeiros de viaxe" nos restreguen pola cara o caso da axente electoral acusándonos igual que se fosen a oposición.

Progreso quedou reducido a que nos insulten nos medios de comunicación chamándonos "insolventes políticos", acusandonos de mentir e instándonos a que calemos a boca.

Progreso quedou reducido a que cuestionen a nosa formación académica en público.

Parécenos que o único que conseguimos con isto é poñernos en evidencia ante o electorado que, dentro de tres meses terá que escoller a quén lle da a súa confianza.

De seguir así, seguro que non nos vai moi ben...

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Mais zancadillas de Quintana



Novamente temos que darlle a razón a Loli Rodríguez Amoroso cando fala dos puñais que nos clava o señor Quintana.

E temos que facelo obrigados polas críticas que está suscitando na oposición o feito de ter financiado o acto de mulleres organizado pola Vicepresidencia con fondos públicos.

Acto que non recoñecemos coma algo propio dun goberno, senón coma algo propio dun partido político en plena precampaña, xa que a él acudiron dirixentes do BNG da comarca do Deza, onde foi festexado o evento.

Alberte Maceira, Francisco Vilariño e Xoán Blanco, entre outros, non é que viñeran moi a conto nun acto de mulleres, a non ser que agochen un lado feminino tan remarcado como para que se lles invite a asistir.

Polo tanto, afirmamos con rotundidade que Anxo Quintana está a aproveitar o seu cargo na Xunta para promocionarse de cara ás eleccións, o cal demostra que non temos ningún tipo de control sobre o que, a día de hoxe demostra ser, é o noso rival político, que non o noso aliado, cada vez mais mergullado nunha campaña encuberta que nos está a perxudicar, sobre todo cando gasta o diñeiro en dar de xantar gratis ás 5.000 asistentes a Silleda.

Tiña razón a Secretaria Xeral das XSG, cando afirmaba que as iniciativas do BNG sonche mais ben poucas. Moito bombo e poco investimento no que teñen que invertir, logo critican ás Consellerías socialistas.

¿Onde quedou o noso entusiasmo e o noso himno?


Atrás quedaron aqueles actos que, sendo igualmente multitudinarios, pechábanse coa melodía que representa o noso Partido, aquel himno que nos facía soñar cunha sociedade mellor, coa sociedade que todos desexamos. Hoxe, vemos que se prefire música extranxeira, nin sequera se promocionan grupo da terra, para pechar un acto de proclamación do noso candidato á Xunta de Galicia.

Quizáis foi o xeito que se atopou de animar á xente que estabamos presentes, despois de escoitar o discurso do Presidente.

Un discurso que ocasionou un pouco de somnolencia e de certa pesadez ós que se desprazaron ata Santiago para escoitar as palabras daquel no que creemos.
Esperabamos todos que foran palabras ilusionantes, cheas de emoción por verse coa confianza de todo o PSdeG depositada de novo nel, cheas de alegría, como soe ser o habitual, palabras que transmitisen a seguridade de que os problemas presentes vanse superar, palabras que alonxasen o medo á crise de todos nós.

¿Qué nos atopamos? atopámonos cun Presidente que parecía vencido polas circunstancias. Atopámonos cun discurso que, mais que unha inxección de optimismo, parecía unha desculpa polos erros cometidos.

Nós non saímos do acto cheos de ilusión e co convencemento de que imos gañar, o feel all right non nos chegou a calar. Mais ben saímos coma tódolos demais, co malestar no corpo e preparados para o peor...

http://www.youtube.com/watch?v=WzfLc5SFPsA


.

martes, 16 de diciembre de 2008

Prohibición ó botellón en Vigo


Onte aprobouse en Vigo a lei que prohibirá o botellón nas principais zonas de marcha adicadas para este fin da cidade olívica.

Esta noticia non foi moi ben acollida polos donos dos locais de copas e especialmente pola xuventude. Tres das catro zonas de copas da cidade foron consideradas como "zonas protexidas" polo que quedou prohibido a cirulación de bebidas alcohólicas polas rúas.

Espazos como Churruca ou o Berbés e rúas habituais da movida viguesa como a rúa Loriga serán coa entrada en vigor da lei, zonas inhabilitadas para a práctica do botellón. As multas ascenderán a 750 euros en caso de infrinxir a norma polo que máis convén non arriscarse a tomar una copa na rúa.

As asociacións de hosteleiros xa mostraron a súa disconformidade e pediron unha revisión da lei.

A ver como remata todo.

Loli Rodríguez Amoroso cántalle as 40 ao BNG

http://blogdeloli.blogspot.com/2008/12/esos-compaeiros-de-viaxe.html

Onte, navegando polo mundo blogueiro, vímonos sorprendidos co artigo publicado no blog da Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Loli Rodríguez Amoroso, que se refería explícitamente ao Partido que actualmente supón a nosa chave para poder gobernar Galicia: o BNG.

O tono no que foi escrito o artigo denota un sentimento agochado por tódolos socialistas, prácticamente dende que comezou a lexislatura.

Referímonos a este post publicado por esta dirixente autonómica precisamente como recoñecemento á valentía que ten de facer público o que moitos pensamos: que este domingo, Touriño tivo unha baixada de pantalóns olímpica, no momento no que lle agradeceu a Quintana todo o seu traballo.

Nós preguntámonos, ¿qué traballo? porque un aliado fiel, un compañeiro de viaxe leal coma debeu ser o BNG, non debería verter as declaracións que verte na prensa contra o que está permitindo que goberne na Xunta: nós.

Máis que un compañeiro de viaxe, parece que é a oposición dentro do propio goberno. ¿Cando se darán conta de que sen nós non son nada? ¡NADA!

lunes, 15 de diciembre de 2008

Touriño Presidente



Emilio Pérez Touriño, actual secretario xeral dos socialistas galegos e Presidente da Xunta de Galicia, aceptou onte, ante a nosa presenza, nun acto desenvolvido no Auditorio do Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, ser candidato ás próximas eleccións autonómicas.
Agradeceu, en primeiro lugar, a todos os compañeiros e militantes que conformamos o partido, o apoio e confianza que depositan nel a fin de compartir un proxecto de liberdade, “sen vos nada sería posible e, fixo estensivo ou seu agradecemento a “Ricardo, Mar e Pepe Blanco, sempre xuntos, sempre preto, sempre traballando, para todos… grazas á miña muller e ós meus fillos, que me acompañan na vida, grazas as conselleiras e conselleiros presentes non acto, ó seu traballo, tamén ó partido que sustenta a coalición de goberno”.

O Presidente quixo tamén agradecer ó BNG, “que colaborou con nós na tarefa do goberno", (aínda que isto non sexa de todo certo) .

Touriño definiu as políticas do troco en comparación co pasado: “Se algo está claro hoxe en Galicia é que este partido e este goberno representan o troco e todo o que a este asóciase, mentres que o PP segue a representar os valores opostos"; e añadiu entre as risas dos presentes, "por moito que queiran cambiar de careta, non son capaces.”

O candidato a Presidente enumerou unha serie de obxectivos logrados presidindo o goberno de Galicia: “Achegámonos a España e a Europa. Cada día creamos nesta lexislatura 92 postos de traballo, 7 de cada 10 ocupados por mulleres. En plena crise, temos máis dun millón douscentos mil ocupados. Temos ou nivel máis alto de ocupación dá nosa historia. A nosa taxa de paro estaba algo máis de 2 puntos por riba do paro medio de España, agoira está 3 puntos por baixo.” Ben é certo que despois destas verbas, non fomos poucos os que nos miramos con cara un tanto sorprendida...
Touriño basou a súa mensaxe en dúas palabras: "compartir Galicia". "Galicia só pode ser de todos os galegos e de todas a as galegas e non de aqueles que o queren soamente para sí". Con isto pretendeu marcalo eixe de distancia co seu socio de goberno actual.

Emilio Pérez Touriño finalizou a súa intervención aceptando a súa candidatura como candidato á Presidencia de Galicia entre a ledicia de todos os asistentes.

A verdade e que o acto desenrolouse nun clima de total compañerismo e confianza, aínda que emborronado pola ausencia de Presidente nacional do partido e Presidente de Goberno, Zapatero.

sábado, 13 de diciembre de 2008

Mos mobilizouse, pero non foi suficiente

No día de onte, puidemos asistir a un novo acto de usurpación ilexítima.

Entre berros, insultos e consignas coreadas polos asistentes ao pleno de Mos, apenas puideron levar o debate ata o salón onde se desenrolan os Plenos, votando sen case dar unha xustificación válida do por qué dese roubo.

Xa non temos palabras para calificar este desenlace predecido por todos, dabondo se dixo xa, en foros, en xornais, en radios... xa sólo nos queda lamentar unha vez mais dúas cousas.

A primeira é que se rachase co pacto nacional antitransfuguismo que unánimemente tódolos partidos firmaron para evitar censuras coma ésta.

A segunda é que sigamos mirando para outro lado cando contamos con cabezas de lista e dirixentes locais que non saben o que significa INTEGRACIÓN E UNIDADE.
Unidade que non se soubo manter no Grupo Municipal de Mos, provocando así o abandono dun Concellal, que, lexos de renunciar á súa acta, proseguiu no grupo mixto á espera dunha oportunidade que non lle soubo dar o seu propio partido.

Ante todo, os políticos que se precien de selo, teñen que saber manter unido ao grupo que fai que sexa posible o goberno. Isto é o que está provocando disgustos varios no seno do PSdeG, no que todo o mundo sabe que se disimulou pola falla de modos da súa cabeza visible mosense asistindo aos actos varios que se organizaron en rexeitamento pola moción de censura, pero no que se sabe que Mª Jesús Escudero non é o que se di, a mellor opción para voltar ás urnas nas vindeiras eleccións.

jueves, 11 de diciembre de 2008

Anti-crisis europea


O Presidente Zapatero, desprazouse a Bruxelas a fin de participar no derradeiro Cume da Unión Europea baixo a Presidencia Francesa. Neste cume Zapatero ten previsto defender a aplicación íntegra e rápida das medidas contra a crise financeira prevista no Plan Europeo que fora aprobado con anterioridade.

Os xefes de Estado e de Goberno da UE tratarán da aplicación dos 200.000 millóns de Euros que fora proposto por Bruxelas para poder manter a demanda e poder facer fronte á recesión económica.

Trataranse así mesmo outras medidas como a corresponsabilidad na achega que cada país deberá realizar en relación ó PIB.

A data de hoxe non está consensuado aínda como levar á práctica este Plan. Espérase que Alemaña saia da súa prudencia pois se cre que pode afrontar un plan de estímulo máis ambicioso, o que redundaría en beneficio de todos.

Tamén está previsto debatir o desbloqueo do Tratado de Lisboa, determinación de medidas sobre o cambio climático, o paro entre outras.

Parece, por fin, que o noso Presidente comeza a facerse un oco no concerto Europeo, cousa moi importante para o noso país dada a dependencia en todas as ordes, enconómicas, sociais, financeiras, ect que temos coas principais potencias europeas.

Mos-bilízate contra a moción


Mañá é o gran día que o PP de Mos está agardando. O día no que Escudero será empurrada a abandoar a Alcaldía de Mos mediante unha moción de censura que aquí xa condenamos.

Pero hai quen di que a culpa non a ten toda a que aínda é oposición. Hai quen di, e non polas bases (aínda que tamén), que parte da responsabilidade de chegar a onde se chegou neste Concello da provincia de Pontevedra, non anda moi lonxe da Alcaldía actual.

Hai quen di que a soberbia e a altanería da que fai gala Escudero normalmente, cansou a mais de un, e provocou, ademais das brechas internas que sufre o Partido en Mos, a dimisión dun Concelleiro, grazas ao cal agora perderemos o poder que parece ser que tanto lle gusta.

Segundo nos achegan fontes fidedignas, o xeito de tratar á xente do propio Partido por parte da Alcaldesa non é o que se di, demasiado agarimoso.

Nós reclamamos que se poña fin a actitudes impropias do Partido Socialista, e se volte a unha humildade necesaria en política e aínda mais, nun Partido que debe seguir ao lado da xente.

Quizáis unha curiña de humildade non lle ven mal a esta señora. Para emerxer, ás veces hai que deixarse cair.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

El Senado vota NO a los Presupuestos


El pleno del Senado ha votado NO a los Presupuestos Generales del Estado con la oposición del Partido Popular y ERC.

El Presidente Zapatero reprochó al PP el que se haya alineado con ERC( Izquierda Republicana de Cataluña), "Lo que les preocupa es oponerse al Gobierno. Ayer fueron capaces, en la votación más importante del año, de dar su voto a ERC", ZP, le recordó al líder de la oposición, una vez más, las medidas adoptadas por el Gobierno para reactivar la economía y echó en cara a los populares que no tengan "ni plan, ni ideas, ni propuestas" para hacer frente a la crisis.

El Presidente fue más allá, y respondió a los reproches sobre la falta de confianza que, según Rajoy, genera su política económica, afirmando que el primero que debería generar confianza entre los suyos es el propio Rajoy.

martes, 9 de diciembre de 2008

¡Viva a República, morte ao Borbón!


Corren malos tempos para a Constitución en Cataluña.

Mentres en Galicia se festexa a golpe de "moción de censuras non", en Cataluña se festexa a golpe de "Viva a República, morte ao Borbón".

Mentres que o primeiro está mais que xustificado, o segundo non o está tanto. Pensabamos que este tipo de accións non estaban de todo dentro da legalidade constitucional. Festexar o día da Constitución coa queima dun cadaleito e a vivo berro de morte ao Borbón... é un acto mais ca rexeitable. E, inda por riba, que teñamos que aguantar que nos tomen por parvos dicindo irónicamente que se refería a Felipe V... é o último que nos podiamos imaxinar. ¿Ata onde chegaremos?

O que mais nos sorprende é a pasividade coa que o Goberno recibiu estes feitos. Agora xa todo é normal, agora xa todo é aceptable e válido. Agora todo se considera liberdade de expresión e o censuralo, un atentado contra a mesma.

Pero o Partido Socialista sempre foi un defensor a ultranza da democracia e da Constitución, e non debemos tolerar este tipo de cousas por parte dun representante do pobo no Congreso dos Deputados coma o señor Tardà, sexa do partido que sexa.

Nós, dende logo, queremos condenar estes feitos, xa que parece que ninguén se inmuta xa por nada.

So dous de cada dez dependentes recibiron axuda


Oito de cada dez grandes dependentes en Galicia non cobraron ni un euro da promesa realizada polo Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
Esto significa que hay 22.000 falimilias que están esperando pola axuda de 500 euros para poder facer fronte do coidado dun gran dependente en Galicia. Esta é a crúa realidade dos dependentes na nosa comunidade, nun tempo en que ser dependente parecía non significar ningún problema para Anxo Quintana.

A pesar destes datos, A Vicepresidencia móstrase satisfeita do realizado en máis de tres anos.

Non imos arroxar ningún dato máis, cada un que xulgue pola súa conta.

Loita contra ETA


Nas derradeiras datas a loita contra a banda terrorista ETA está a dar os seus froitos. Onte coñeciamos a detención do novo xefe militar de ETA en Fracia, Aitzol Iriondo, así como outros catro membros máis involucrados en varios asasinatos acontecidos no país francés.

A estas detencións temos que sumarlle o arrestro do home máis buscado en España durante os últimos tres anos, Txeroki, acusado de manexar a banda terrorista dende o 2005.

Pero por desgracia non todo é ledicia. Á par que se detía a Txeroki, uns días máis tarde a banda criminal asasinaba de dous disparos a un empresario vasco en Azpeitia. Unha nova morte máis dun cidadán inocente que morreu por traballar na mellora das comunicacións da súa terra na que naceu e por non ceder ás presións dun reducido grupo de animais que utilizan o terror para conseguir os seus obxectivos políticos.

A pesar desta desgracia, hoxe vemos o futuro con máis optimismo, hoxe creemos que algún día os nosos fillos poderán traballar e pasear polo País Vasco tranquilos, hoxe temos a ilusión de que se pode rematar con esta lacra social pola que uns poucos amedrentan e condicionan a vida de mais de corenta e cinco millóns de cidadáns.

Por iso dende este portal, aplaudimos a nova política do noso partido. Con estes animáis non pode haber tregua, con estes desalmados non pode haber diálogo, con estes asasinos non pode haber concesións. Ten que haber unha loita común contra a banda terrorista ETA. O PSOE e PP deben estar unidos nesta loita.

Se seguimos por este camiño, o conseguiremos.

lunes, 8 de diciembre de 2008

O 30 aniversario da Constitución é festexado en Mos como apoio a Mª Jesús Escudero


O PSdeG decidiu levar a cabo o acto de conmemoración do 30 aniversario constitucional no Municipio de Mos, xusto onde o Partido Socialista vai ser víctima dunha moción de censura por parte do PP e dun tránsfuga que os vai apoiar.

Ante a presenza de varios Deputados Autonómicos, Mar Barcón elevou a súa voz en representación de tódolos socialistas que nos sentimos ultraxados con este roubo.

Xa veremos qué ocorre este venres no debate da moción, que agardemos non prospere.

Aínda así, teriamos que levar ás nosas conciencias un profundo examen e pensar se realmente o estamos facendo tan ben como para que algo de razón non teñan os que queren rachar co pacto antitransfuguismo. ¿Cómo podemos deixar que un Concelleiro noso se vaia das nosas filas? ¿Cómo podemos consentir que unha brecha se abra entre nós, entre compañeiros? Algo está fallando, e este problema que agora surxe no Concello de Mos pode surxir en calquera outro se non andamos con tino.

Queda aquí a nosa reflexión, e o noso chamamento á unidade do Partido, tan precisa e tan apreciada no noso día a día.

viernes, 5 de diciembre de 2008

Instalacións públicas para todos


O Concello de Lugo animouse ao fin a abri-las portas dos centros educativos en horario extraescolar para todo cidadán que desexo empregalos.

Esta medida é moi precisa para solventar problemas de insuficiencia de instalacións coma salas de estudio, salas de ordenadores ou instalacións deportivas, con custe 0€ para os usuarios.

Unha medida posta en marcha por un Goberno que se di responsable e preocupado polas necesidades da poboación.

A Xunta de Galicia colaborará con isto facéndose cargo do 80% dos gastos xenerados, tendéndolle así unha man á optimización dos recursos públicos para o 100% da cidadanía.

jueves, 4 de diciembre de 2008

Sentidiño co que se fai



Xa falamos do gabinete de asesores que o Partido Socialista vai crear para que os Alcaldes non teñan maiores complicacións á hora de levar a cabo as obras cos cartos destinados á creación de emprego.

Emprego preciso nestre intre, xa que Galicia está sendo azotada tamén polo látigo da crise e os ERE das empresas continuamente anuncian mais paro.

A idea dos fondos destinados ao emprego está moi ben, pero dende aquí queremos facer un chamamento á cordura para xestionalos.

Non deixa de ser un perigo que os mandatarios locais manexen este tipo de creación de emprego, xa se sabe que, independentemente da cor política, as tentacións son múltiples.

Ollo con isto, que pode ser unha baza para a oposición contra os propios creadores de emprego.

Pero nós queremos ir mais aló, e poñer sobre a mesa a incoherencia de que eses empregos sexan únicamente para obras. ¿Por qué non se destinan a axudar aos dependentes? Con iniciativas como a comida a domicilio, a colaboración nas tarefas do hogar das persoas con dificultades, etc, se solucionarían dúas cousas: a mellora desas persoas que precisan de axuda, e a creación de emprego sen que sexa únicamente para un sector da poboación maioritariamente masculino.

Dende aquí, desexamos que a reflexión leve a unha acción mais proveitosa para todos e todas.


O PSdG creará un comité de asesores para os alcaldes



O PSdeG vai crear un gabinete de asesores para os alcaldes segundo acaba de facer público Ricardo Varela.

Ó parecer, o vicesecretario xeral do PSdG, xustificou a creación dunha rede de asesores afirmando que vai a ser de gran utilidade para a mellora dos proxectos a presentar polos alcaldes socialistas.
O PPdeG non tardou en saír á palestra afirmando que non da crédito á noticia. Acusounos de non ter vergoña por aumentar o número de asesores que xa de por sí é elevado segúndo o Secretario Xeral, Alfonso Rueda. Semella que non se paran a pensar que no seu goberno de maioría absoluta tiñan os asesores ao servizo deles nos despachos, e non ao servizo dos Alcaldes e Alcaldesas a pé de campo, como é de recibo.

Felicitamos ao Goberno da Xunta pola iniciativa e agardamos que lle saquen proveito de verdade.





miércoles, 3 de diciembre de 2008

Tres millóns de parados


Onte coñeciamos a peor noticia posible en canto a número de parados. Por octavo mes consecutivo o paro aumentou un 42% con respecto a novembro do 2007 e alcanza os tres millóns de desempregados.


No último ano preto de 900.000 persoas quedáronse sen traballo, un volume demasiado abultado para unha economía incapaz de crear novos empregos. O sinal máis perceptible deste fenómeno é que o paro subiu na construción un 106%, co que suma máis de medio millón de parados.


Hay case 400.000 parados estranxeiros máis que fai un ano, mentres existe unha capa dun millón de desempregados sen ingresos.


Como xa falamos outro dos sectores onde tamén afondou a crise foi no sector do automóbil. Zapatero tivo antonte unha reunón en Madrid coas diferentes empresas do sector para propoñer un paquete de medidas que lle poña freo a esta situación.


O Ministro de Economía, Pedro Solbes, fixo público hoxe un balance no que asegura que o peor está por vir. Espéranos un ano 2009 moi difícil especialmente para aquelas familias que teñen a todolos membros no paro.


Non nos queda máis que seguir traballando para aliviar a forte desaceleración económica que nos está tocando vivir, o camiño é bo aínda que os resultados son compricados de lograr dada a dimesión do "crack".

En repulsa pola sinrazón, ETA NON!!


Socialistas na Vangarda quérese solidarizar coa familia da nova víctima da barbarie, que foi asasinado en Azpeitia (País Vasco) hoxe pola mañán.

Nós defenderemos sempre a loita pola defensa dos principios e valores democráticos, unha loita levada a cabo a través da arma da palabra, e nunca coa imposición dictatorial da violencia física e impositiva que unha minoría intenta impoñer á maioría demócrata que compón o Pobo Vasco.

A nosa repulsa mais taxante a este novo crime que segou unha nova vida. A vida dun demócrata, dun inocente que, a pesares de verse ameazado polo terrorismo dunha secta cobarde como é ETA, quixo vivir en liberdade e desenrolar a súa vida con toda a normalidade que lle foi posible.

Ignacio Uría formará parte a partires de hoxe dunha tristemente longa lista de loitadores pola liberdade, de acción, de expresión e de ideoloxía.

Que nunca a liberdade se deixe doblegar pola imposición irracional duns poucos.

Baixan impostos, suben impostos, volven baixar...

Estamos un tanto confusos ultimamente coas maniobras do Goberno Autonómico.

Todos sbemos que estamos a atravesar unha crise económica notable, todo o mundo fala dela, nos medios de comunicación, nas rúas, nos bares, nos despachos... e non creo que sexa menos nas Administracións Públicas.

Cada día están botando á rúa a moitos traballadores, a apis de familia, a xente con hipotecas, a xente con alugueres, ...

Estes días están falando de que baixarán os impostos ás persoas particulares. Parece correcta a medida. Hai crise, non se pode facer fronte aos gastos do mes.

Sen embargo logo saen de novo á palestra. Baixarán os impostos aos particulares, pero os subirán ás empresas.

Isto sería moi aceptable se non fora polo malo momento no que veñen estas medidas. Se os empresarios non poden facer fronte aos gastos que lles supón manter unha empresa aberta, e están continuamente con expedientes de regulación de emprego, deixando na rúa aos traballadores, ¿de qué serve que se baixen os impostos se igualmente non os poderán pagar?

Neste intre, precisamos unha Galicia de progreso, pero unha Galicia de progreso ten que ter emprego, crear emprego, non destruilo. Apoiar aos traballadores nestes instantes require apoiar tamén aos demais. Ás veces temos que soportar o amargo para saborear logo o doce.

martes, 2 de diciembre de 2008

Actividades educativas fora do horario lectivo


Os estudantes poderan acudir ós centros educativos fora do horario lectivo. A Conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón presetou onte unha proposta para garantir a formación integral do alumno e a mellora do éxito escolar así como a conciliación familiar e laboral das familias galegas.

Xa ía sendo hora de que os alumnos puideran acudir ós seus respectivos centros fora do horario estrictamente lectivo. Esta era unha demanda histórica das familias galegas que se acrecentou nos derradeiros anos e que a Consellería de Educación non se atrevía a levar a cabo polas reticencias do profesorado.

A medida afecta a máis de 145.000 alumnos e propoñe a realización de diferentes actividades lúdicas, deportivas, de entretenemento ou lectivas para todos aqueles estudantes que así o quixesen.

A proposta é moi ben vista polo colectivo estudiantil e polas APAS pero recoñecen que queda moito aínda que mellorar. Entre esas demandas están a apertura dos centros durante a fin de semana e a existencia de clases de reforzo extraescolar para todos aqueles que así o precisen, especialmente entre aqueles que teñen grandes dificultades durante o curso e que non teñen recursos para facer fronte a unhas clases particulares.

Non nos queremos esquencer do erro que se cometeu dende a Consellería de Educación acerca do novo decreto de educación implantado no Bacharelato polo que un alumno pode avanzar de curso con ata seis asignaturas suspensas. Este sistema non garante o esforzo e o enriquecemento dos alumnos dada a escasa exixencia que se imparte nas aulas e provoca unha clara desvantaxe de cara ó acceso á universidade debido á enorme diferenza de nivel e conceptos entre ambos estudos, e máis coa entrada en vigor do Plan Bolonia.

XSG conmemoraron o Día Mundial contra o Sida


As Xuventudes Socialistas de Galicia quixeron conmemorar o Día Internacional da loita contra o Sida recordando a importancia dos métodos anticonceptivos como medio efectivo para evitar a transfusión de enfermidades.

Este ano celébrase o vixésimo aniversario do Día Mundial contra o sida e as XSG non quixeron deixar escapar a ocasión para concienciar ós xóvenes e non tan xóvenes da importancia de practicalas relacións sexuais con protección.

O sida é unha das enfermidades que máis se extenderon nun menor tempo e que cobra millóns de vidas ó ano, especialmente no continente africano. En Galicia hay máis de 3.000 seropositivos e en moitos casos de xente que aínda non sabe que a ten ou que lla detectan dez anos máis tarde de collela.

Por iso, dende as Xuventudes Socialistas de Galicia fan unha campaña de concienciación acerca do sinxelo que é tomar precaucións.

Por un sexo de calidade, pon o preservativo.

lunes, 1 de diciembre de 2008

¿Será suficiente?

Fai seis meses dicíamos isto:



Hoxe en día o sector do automóbil aumenta en parados, a crise económica afóganos có encarecemento dos prezos e a suba das hipotecas, o porto de Vigo descendeu a súa actividade, o turismo diminuiu e a balanza comercial de Galicia co resto de España é cada vez máis negativa.

Este sentimento pesaroso xorde no día en que coñecemos que o PP empata en intención de voto ó PSOE en España e acércase a nós en Galicia.

Por todo isto, necesitamos ir máis alá, seguir no camiño de afrontala crise, de transmitir seguridade, no camiño de facer de Galicia, un lugar millor para vivir.

Estou convencido de que o conseguiremos.

Voltamos ás andadas coa Educación Pública


Seguimos atacando as bases da educación que logramos que fora o pilar da liberdade neste país.

Non logramos entender por qué a Xunta está tan empeñada en facer recortes neste campo. Nós, dende o noso rincón de opinión, queremos facer un chamamento á reflexión e ao rexeitamento deste tipo de medidas que atentan contra os principios socialistas de iguais oportunidades educacionais para todos e todas.

Esta vez, as medidas impostas afectan aos alumnos con necesidades educativas especiais, que anuncia a Consellería de educación que serán escolarizados nun só centro para aforrar en tempos de crise. De nada sirve disfrazalo de melloras de atención. Os sindicatos xa se posicionaron en contra, ao igual que os pais dos propios alumnos e os especialistas pedagogos, quenes non aproban estes plantexamentos por considerar que se van formar guetos de alumnos con minusvalías en determinados centros.

Dende este foro temos que darlles a razón, e pensamos que a dotación de recursos aos centros educativos públicos ten que ser a mesma para todos, ademais do feito de que o Partido Socialista sempre apostou pola integración dos alumnos con minusvalías non severas en centros ordinarios. ¿Por qué cambiar agora de postura?

Se se quere recortar gasto, hai milleiros de formas, sen facelo do pilar da sociedade.

Galicia e Madrid unidos para gañar

Comeza a conta atrás, e os líderes dos tres partidos maioritarios galegos xa están preparando a carreira. O Presidente Touriño xa ten prácticamente pechadas as listas electorais, e anuncia que contará coa presencia en Galicia de Zapatero e de José Blanco para estar mais arroupado na campaña electoral, e chegar a toda Galicia.

Non podía ser doutro xeito, temos que lograr conservar Galicia e seguir facendo dela unha Comunidade en progreso.

O apoio do Presidente Zapatero é de recibo, nós volcámonos con él nas eleccións xerais, agora tócalle cumprir co PSdeG.