martes, 9 de diciembre de 2008

Loita contra ETA


Nas derradeiras datas a loita contra a banda terrorista ETA está a dar os seus froitos. Onte coñeciamos a detención do novo xefe militar de ETA en Fracia, Aitzol Iriondo, así como outros catro membros máis involucrados en varios asasinatos acontecidos no país francés.

A estas detencións temos que sumarlle o arrestro do home máis buscado en España durante os últimos tres anos, Txeroki, acusado de manexar a banda terrorista dende o 2005.

Pero por desgracia non todo é ledicia. Á par que se detía a Txeroki, uns días máis tarde a banda criminal asasinaba de dous disparos a un empresario vasco en Azpeitia. Unha nova morte máis dun cidadán inocente que morreu por traballar na mellora das comunicacións da súa terra na que naceu e por non ceder ás presións dun reducido grupo de animais que utilizan o terror para conseguir os seus obxectivos políticos.

A pesar desta desgracia, hoxe vemos o futuro con máis optimismo, hoxe creemos que algún día os nosos fillos poderán traballar e pasear polo País Vasco tranquilos, hoxe temos a ilusión de que se pode rematar con esta lacra social pola que uns poucos amedrentan e condicionan a vida de mais de corenta e cinco millóns de cidadáns.

Por iso dende este portal, aplaudimos a nova política do noso partido. Con estes animáis non pode haber tregua, con estes desalmados non pode haber diálogo, con estes asasinos non pode haber concesións. Ten que haber unha loita común contra a banda terrorista ETA. O PSOE e PP deben estar unidos nesta loita.

Se seguimos por este camiño, o conseguiremos.

No hay comentarios: