domingo, 30 de noviembre de 2008

Xa temos data aproximada



As elecccións autonómicas xa teñen data aproximada de celebración, anunciada polo Presidente no día de onte.

Se afirma que serán no mes de marzo, aínda que non se sabe o día exacto, dependendo éste da convocatoria dos comicios vascos.

Despois de múltiples polémicas, e despois de soportar as críticas da oposición, Touriño soubo manterse no seu lugar e bater co puño na mesa para impoñer a súa autoridade na decisión que atinxe á data das eleccións galegas, que só se debe decidir en Galicia, como xa deixou meridianamente claro no seu momento.

Aplauso para o Presidente, que superou con nota as presións externas e tomou a decisión que mellor lle convén a Galicia.

Touriño Presidente!

Emilio Pérez Touriño foi elixido esta fin de semana candidato oficial do PSdeG ás eleccións autonómicas. Touriño renovou a súa vontade de presidir o PSdeG na celebración do décimoprimeiro Congreso Nacional do partido.

Touriño mostrouse en todo momento feliz e confiado coa súa reelección e afirmou que “Afrontamos este Comité Nacional unidos, ilusionados nesta tarefa que temos por diante, máis fortes que hai catro anos, con maior representación nos Concellos, nas Deputacións, no Parlamento, no Goberno, e aportando máis votos que nunca ao socialismo español”.

O presidente quiso ser realislista coa situación actual e non quiso esquencer que Galicia vive un momento de grandes dificultades, especialmente no aspecto económico. Touriño destacou o tradicionalismo do noso partido e reiterou que “temos que anticipar a saída da crise e facelo desde unha política socialdemócrata. O Goberno que eu presido mobilizou e mobilizará todos os recursos posibles nese sentido. Os socialistas defendemos o imprescindible elemento regulador e redistribuidor que é o Estado".

Touriño mostrouse convencido de que dende ese preciso intre comeza a carreira electoral que o volverá a levar outra vez a converterse en Presidente de todolos galegos.

Veremos se a crise económica non nos pasa factura e realmente se pode facer realidade o soño de Touriño e de todo o PSdeG.

sábado, 29 de noviembre de 2008

O Goberno crea un Plan Renove para o turismo

Nunha situación de crise, o sector servizos é un dos máis afectados e por iso hai que actuar de xeito áxil e rápido tratando de adiantarse aos acontecementos que estean por vir. Con este fin o Goberno acaba de poñer en marcha un Plan Renove para a hostalería, con axudas a créditos brandos do ICO na perspectiva de potenciar a calidade e as infraestructuras turísticas.

Este plan supón un orzamento de 400 millóns de Euros e estará adicado a todo o sector, tanto de hospedaxe, restauración, axencias de viaxes, servizos auxiliares, etc., trátase dun plan de rescate moi importante dado o gran número de beneficiarios ao que vai dirixido. Hai que resaltar que este sector supón no conxunto do estado, un 11% de aporte ao PIB.

O secretario de Estado de Turismo Joan Mesquina, espera que con estas medidas empécense xa a neutralizar os efectos que se están a notar polo descenso na demanda e no gasto por parte dalgúns países así como tamén na demanda interna.
Estas medidas enfocadas, principalmente á liquidez nas empresas turísticas, son moi ben recibidas polo sector pero recordan que se deberían complementar con outras como a converxencia nas Leis autonómicas, axilización de visados a turistas de países emerxentes, unha reforma nas condicións laborais, etc.

Dende logo este é o comezo do camiño para recuperar a perda de confianza dos turistas nacionais e extranxeiros co noso país e coa nosa comunidade. Queda moito por facer e debemos recordar que o turismo é unhas das principais fontes de ingresos do Estado.

viernes, 28 de noviembre de 2008

Teresa Táboas recorta o presuposto destinado á vivenda


A Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, anunciou onte que como non se cumpriron as expectativas de gasto destinado ao aluguer de vivendas, o que van facer é reducir o presuposto para dito fin. E aínda mais, sostén que o que hai que facer é incentivar económicamente aos propietarios dos pisos para que o inclúan na bolsa de alugueiro.

A vivenda é unha das maiores preocupacións dos galegos, especialmente dos xóvenes. A dificultade dos xóvenes para encontrar unha vivenda, para facer fronte a unha hipoteca ou simplemente para vivir nun piso de aluger é cada vez maior.

Por iso non entendo como militante socialista que a nosa Conselleira de Vivenda recorte o presuposto destinado a este fin e se quede tan tranquila. Dende logo non é a imaxe que deben dar os partidos (Bloque e PSOE) que tradicionalmente están ó lado dos xóvenes, ó lado de aqueles que teñen máis necesidades para alcanzar un nivel de vida óptimo.

Así pois, e aínda que non nos gusta, non imos a aprobar este tipo de medidas e dende aquí agardamos unha pronta rectificación.

jueves, 27 de noviembre de 2008

O Goberno destina 11.000 millóns a investimento público e creación de emprego


O presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, anunciounos hoxe que o Consello de Ministros aprobará mañá un Real Decreto lei cunha dotación extraordinaria de 11.000 millóns de euros, con cargo ás contas de 2008, cuxo fin será frear a destrución de emprego e reactivar a actividade económica.

Zapatero explicou que estes 11.000 millóns, que supoñen o 1,1 por cento do PIB, irán destinados a obra pública e equipamientos vinculados aos concellos, recursos cos que se espera xerar 300.000 empregos durante o próximo ano.

O presidente do Goberno dixo que 8.000 millóns irán destinados a un Fondo Extraordinario de Investimento Público no Ámbito Local, 800 millóns ao sector do automóbil, 600 millóns a actuacións medio ambientais, 500 millóns a I D i, 400 millóns a rehabilitación de casas-cuartel e comisarías, 120 millóns a rehabilitación de vivendas, 30 millóns máis serán para
incentivar o turismo social e 400 millóns para transferencias ás comunidades autónomas co obxectivo de mellorar o seu financiamento do sistema de dependencia.

Todo iso xeraría a creación, segundo Zapatero, de 300.000 postos de traballo.

A verdade é que estes datos son bastante alagueños. Durante o último trimestre os expertos económicos avisáronnos que no ano 2009 alcanzaríase o punto máximo da crise. Veremos se estas medidas son suficientes para afrontar ou aliviar a crise, pero dende logo o PP non nos poderá acusar de que non lle votamos cara á crise.

Grazas!



O PSOE e Touriño son unha imaxe constante na loita contra as inxustizas e os abusos.

Parabéns e moitas grazas.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Zapatero anuncia un plan para potenciar la demanda


José Luis Rodríguez Zapatero dijo hoy, que el Gobierno presentará el próximo jueves en el Congreso de los Diputados un plan destinado a fomentar la demanda interna.

Ha dicho que este plan es a dos años, 2.009 y 2010 y comprende todas las medidas que ha puesto el Gobierno en marcha y las que pondrá próximamente a fin de estimular la demanda, sobre todo a través de la inversión pública.


Señaló, asimismo el Presidente del Gobierno, que ya se han adoptado “cerca de 80 medidas” aunque recalcó que muchas de ellas necesitan “un cierto tiempo para su implementación”


Recalcó por último el Presidente que, “lógicamente” todas estas medidas se realizan dentro de “un escenario de interpretación flexible dentro del pacto de estabilidad” por parte de la UE, lo que supondrá “superar el déficit del 3% del PIB.

martes, 25 de noviembre de 2008

Salvemos o automóbil


Durante a mañá de hoxe celebrouse unha reunión entre o presidente do noso partido, Emilio Pérez Touriño e o ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, co principal obxetivo de crear un paquete de medidas urxente para facer fronte á forte crise que se está a suceder no sector da automoción.

O eixe desta xuntanza foi o compromiso da creación dun Plan Integral do Automóbil para tratar de poñer freo á desvantada económica que se está a producir neste eido.

Debemos recordar que en Galicia está a suceder dous grandes problemas. Por unha banda, a crise económica que propiciou o peche de empresas e o despido de traballadores, e por outra, a deslocalización industrial que supón que as empresas se transladen a países do Este debido o menor custo da man de obra e o aumento de productividade.

Destos problemas falaron hoxe o presidente Touriño e o ministro de Industria. Ambos subliñaron a importancia de buscar un espazo de concertación e de medidas no impulso desde España na senda europea. A búsqueda tamén de dar unha resposta de maneira concertada e dialogada entre o sistema español e os axentes sociais, co obxetivo de recuperar a confianza.







Día Internacional contra a Violencia de Xénero




Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende aquí queremos expresar a nosa máis sinceira sensibilización cun problema social que non ten explicación e que por desgracia non diminúe.

Son moitos os comunicados e manifestacións que se están a emitir e celebrar ó longo da nosa comunidade e nós non queriamos esquezcernos do sufrimento das mulleres asasinadas e ameazadas.

Un dos comunicados que se nos fixo chegar foi o da Secretaría da Igualdade do PSdeG, Laura Seara, quen destacou que este "é un problema que afecta a toda a sociedade, non so ás mulleres".
Laura dixo que a pesar das mortes, cada día as mulleres están menos soas nesta loita, e afirmou que é moi importante a participación dos varóns para rematar con esta lacra.

A secretaria de Igualdade proseguiu dicindo que "desde o PSdeG entendemos que queda moito por facer e por percorrer, pero tamén sabemos que as leis son o mellor instrumento para seguir avanzando".

Por outra banda compre dicir que o Goberno segue traballando en novas medidas, como o programa de integración laboral para as vítimas desta violencia e a implantación de dispositivos electrónicos de seguimento, como unha pulseira electrónica con GPS para os homes imputados e condenados por un delicto de maltrato, ect...
Ademáis destas medidas cúmprese nestas datas catro ano da posta en marcha da Lei Integral contra a Violencia de Xénero que arroxa datos moi positivos. A deputada salientou que “dende a aprobación da Lei hai máis denuncias, máis mulleres que saen da espiral de violencia, máis protección, máis asistencia social e máis concienciación cidadá".

Dende Socialistas na Vangarda queremos apoiar estas medidas encamiñadas a extinguir e concienciar que non pode existir máis víctimas provocadas pola violencia machista.


domingo, 23 de noviembre de 2008

SEGURIDADE EN TEMPOS INCERTOS

En plena crise, cando as colas do INEM vólvense cada día mais longas, a Xunta de Galicia decidiu poñer remedio aos agobios dos pagos da hipoteca e do coche. Non quere o Presidente que ninguén permaneza dubitativo nin un minuto mais do preciso ante a opción de mercar, mesturada co temor de quedar sen emprego e non poder así facer fronte ao pagamento de ámbalas dúas cousas.

Por iso, o Goberno do Bipartito decidiu facer un seguro que cubra ditos gastos en caso de que o traballador endeudado quede no paro, por un período máximo de 2 anos, o cal lle daría un respiro para buscar outro emprego sen pensar que pode quedar sen teito baixo o que gardarse dos fríos ventos da crise.

Temos que aplaudir esta medida, que protexe ao traballador fronte á maquinaria fría e despiadada do capitalismo actual. Aplaudimos que por fin os cidadans se vexan capaces de enfrontarse a unha débeda a longo prazo sen preocupacións e sen medos.

Pero ollo, que isto non sirva para que a Administración Pública asuma a responsabilidade de cada cidadán individual co diñeiro do resto de xeito incontrolado.


viernes, 21 de noviembre de 2008

AVE 2012, Sí

Emilio Pérez Touriño volveu a prometer hoxe que o AVE chegará a Galicia no 2012. A pesar do disgusto do PP, Touriño volveu fixar o ano 2012 como a data en que chegará a alta velocidade á nosa comunidade.

Foron fructíferas pois as derradeiras reunión celebradas entre Touriño e Zapatero na Moncloa, onde o presidente galego transmitiulle a súa preocupación por cumplir os plazos fixados na construcción do AVE.

Pola súa banda Magdalena Álvarez dixo que o goberno central está volcado con Galicia e cós galegos, e asegurou que traballarán para que Galicia teña as infraestructuras e comunicacións que se merece.



Nós, mentras tanto confiamos na palabra do noso Presidente e esperamos con impaciencia que o AVE chegue a Galicia no 2012.

A MALA COSTUME DE METERSE COA EDUCACIÓN PÚBLICA

No Partido Socialista sempre consideramos a Educación como algo cunha imperiosa necesidade de mimo e de coidado, de potenciación e de inversión. Deste, e non doutro xeito, é como o sistema educativo público se converte nun sistema de verdadeira calidade. Unha calidade que ten que competir co sistema privado, cunha optimización de recursos e unha competitiviade propios do mercado.

¿Por qué será que estes plantexamentos tan obvios e tan manidos na esquerda, estanse vendo en entredito nos tempos de crise que corren?
¿Por qué canta mais necesidade de formación para que o país teña maiores oportunidades de sair adiante e de competir cos demais de xeito exitoso, a Educación recibe batacazos sen piedade?

Non é coherente que se invirta en cousas superfluas e que se recorten gastos na Consellería de Laura Sánchez Piñón. É lóxico o malestar que existe co tema no corpo de docentes do sistema público, que se está vendo reducido por momentos, cousa que non ocorre coas horas lectivas, que se teñen que impartir igual.

Se antes nos queixabamos de que se favorecese ao sistema privado, agora non podemos deixar de queixarnos de que se estea perxudicando ao público.

Se un pobo ignorante é un pobo manexable, Galicia non quere selo. Por iso, é precisa unha reflexión baixo a atenta mirada da coherencia, non despistarse do bo camiño no que atinxe á Educación.

O gran problema



Estes días coñecíamos a enquisa do CIS onde o paro volveu ser a primera preocupación dos galegos. A verdade é que a cousa non pinta nada ben. Os parados aumentan, os prezos da cesta da compra aumentan e a desesperación de todos nós ó ver que o noso soldo é o mesmo, tamén aumenta.

O paro subiu na Comunidade galega en 3.300 persoas (un 3,04 por cento) no terceiro trimestre deste ano con respecto ao anterior, o que situou o total de desempregados en 112.400 e a taxa de paro no 8,47 por cento.

Como reflexa o CIS este é o principal problema ó que ten que facer fronte o noso Presidente da Xunta, e sendo sinceiros,os datos non nos acompañan moito de cara ó comezo da campaña electoral este fin de semana.

Se os datos os ampliásemos ó último ano, o incremento do paro en Galicia sería de 24.900 persoas, un 28,47 por cento.

Por todo isto, temos que ter moito coidado coas novas que lle chegan á prensa. Non debemos esconder que a reforma do despacho de Touriño ou o prezo do coche oficial estanos a pasar factura entre os votantes galegos e eu aínda diría máis, entre os votantes socialistas.

O VOTO EMIGRANTE OUTRA VEZ NA POLÉMICA


Parece que pasou o tempo, pero non as malas costumes. Mudamos de Presidente en España, e mudamos de Presidente en Galicia, pero seguimos tendo as mesmas cousas baixo sospeita.

Cando todos dabamos por suposto o aire fresco e limpo que entraría na nosa terra co Goberno do Progreso, vemos que, nalgunhas cousas, todos coxeamos do mesmo pé.

Esta vez, a polémica surxe co voto emigrante. Recordamos que, en xuño, as tres forzas políticas galegas consensuaron un acordo para que a reforma do voto emigrante se producise antes dos comicios que se aproximan, e os residentes no exterior puideran votar por fin en urna. Nin se cumpriu nin hai perspectivas de que se faga.

Pero o mais sangrante de todo é que o que antes era motivo e protesta nas filas do actual bipartito, agora transfórmase nunha pitada arbitral que barre para casa en caso de necesidade.

Nisto, é procupante que haxa consenso entre PP e BNG, algo que debería facer reflexionar ao goberno de Zapatero, que está sendo acusado non demasiado inxustamente, de actuar coa mesma desidia que o anterior executivo de Aznar no que atinxe á depuración do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes), e de carecer de vontade política para facelo.

¿Onde quedaron aquelas palabras de Touriño "Non se debe dubidar da vontade política do actual goberno para impulsar a reforma do voto emigrante, a non ser para facer un uso electoralista e actuar con oportunismo político"?

Cando se reclama transparencia e legalidade, coma sempre se fixo neste partido, débese predicar co exemplo.


domingo, 16 de noviembre de 2008

Unha asamblea amañada


A asamblea dos socialistas vigueses que se celebrou o pasado 31 de outubro deixou as augas turbias en Urzaiz 180 e tamén na Praza do Rei.

O sobriño do alcalde e cabeza visible dunha das listas presentadas, Gonzalo Caballero, denunciou no seu momento a plaga de irregularidades que existiron en todo o proceso.

Entre elas Caballero enumerou a falta de censo ou documentos acreditativos non válidos que presentaron numerosos afiliados.

Na mesma liña se pronunciou o outro candidato e gran derrotado da asamblea, Carlos Príncipe, que engadiu que o 30 por cento das persoas que foron a votar non estaban acreditadas no momento de comenzar a asamblea.

Todas estas acusacións empañaron a victoria do aparato oficial que aunque folgada, está rodeada de irregularidades.

Dende o noso pequeno espazo de liberdade, queremos facer un chamamento ós estamentos do PSdeG pola democracia interna, un aspecto moi poco desenrolado no sistema actual de partidos políticos e que sempre perxudican a aqueles que dende unha postura contraposta á oficial intentan acceder a postos de responsabilidade.

¿Collerá Villarino o touro polos cornos?

A presidenta do Parlamento presentará mañá na Facultade de Ciencias Xurídicas de Vigo o libro 'O financiamento autonómico nos estatutos de autonomía'. Xunto a ela asistirán o alcalde da cidade, Abel Caballero, e a directora da publicación, Ana María Pita Grandal.

Este acto que parece non dicir nada, pode marcar un antes e un despois nun debate que trae máis dunha doenza a algún dirixente socialista xa que entre as señoras e os señores deputados existen diferencias que nalgúns casos chegan a ser insalvables.

Por iso, a opinión que mañá verta a presidenta do Parlamento e estandarte do socialismo galego, pode marcar o camiño e a opinión que manteña o PSdeG de cara ós próximos comicios.

Diga o que diga, Villarino non deixará indiferente a ninguén. Pode non dicir nada -que é o máis previsible- ou pode apostar por mollarse e defender os intereses de Galicia por riba das posturas de Ferraz que, según o visto ata o de agora, nin siquera son capaces de entenderse entre eles.