domingo, 30 de noviembre de 2008

Xa temos data aproximada



As elecccións autonómicas xa teñen data aproximada de celebración, anunciada polo Presidente no día de onte.

Se afirma que serán no mes de marzo, aínda que non se sabe o día exacto, dependendo éste da convocatoria dos comicios vascos.

Despois de múltiples polémicas, e despois de soportar as críticas da oposición, Touriño soubo manterse no seu lugar e bater co puño na mesa para impoñer a súa autoridade na decisión que atinxe á data das eleccións galegas, que só se debe decidir en Galicia, como xa deixou meridianamente claro no seu momento.

Aplauso para o Presidente, que superou con nota as presións externas e tomou a decisión que mellor lle convén a Galicia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Xa vai sendo hora de que se convoquen eleccións e saian novos dirixentes que sepan como conducir o noso pais, pois o bipartito non nos leva por bo camiño.Xa e hora de que se teñan en conta as verdadeiras prioridades do pobo -o emprego. En vez de estar gastando os cartos en propaganda, en viaxes, asesores dossieres e en promocionar a titiriteiros...