lunes, 2 de marzo de 2009

Non puido ser...

O Partido Popular gañou aplastantemente as eleccións en Galicia. Non puido ser... e entre bágoas e pesadume tivemos que escoitar ao noso Presidente dimitir coma Secretario Xeral do PSdeG.

Asume a responsabilidade de non ter sabido manexar mellor a xestión da Xunta, unha xestión que non só era a nosa responsabilidade, senón que os nosos socios do BNG contribuiron coas súas andanzas a afundir esta barco que era de todos.

Mala sorte, pero non remata aquí, seguiremos dende a oposición dando qué falar.

¡Moito ánimo!

miércoles, 25 de febrero de 2009

A uns días dos comicios...perdemos fuelle

Non nos enganemos, as cousas non van ben.

As enquisas non arroxan os resultados que se esperaban tras 4 anos de goberno. O Partido Popular písanos os talóns, se é que xa non nos pisan algo mais, e mentres eles están mergullados na euforia e se sinten gañadores, nós non damos todo o que se agardaba.

Algo falla, ¿falla a mensaxe?, ¿falla a imaxe? ¿fallan os candidatos? ...

viernes, 20 de febrero de 2009

Mal lema para un goberno de coalición

O PSdeG non anda moi espabilado escollendo os seus lemas de campaña.

Dende logo nós pensamos que a empresa encargada de facelo, non está moi ao tanto da historia.

É de dominio público que ao Presidente cústalle moito entenderse ás veces co líder do BNG e Vicepresidente da Xunta, de xeito que as rifas dos dous quedan evidenciadas nos xornais.

Sabendo iso... empregar o lema "Galicia fai que nos entendamos..." da a sensación de que eles sós non se poden nin ver e que teñen que facer grandes esforzos en apelar a Galicia para que ese entendemento sexa posible, ás veces...

Desafortunado lema... non causa boa impresión aos votantes.

jueves, 19 de febrero de 2009

Unha explicación pouco convincente

"Así o establecen as leis vixentes e sobre todo a Constitución, que consagra os partidos políticos como o instrumento fundamental para a participación política, como expresión do pluralismo e da vontade popular, en definitiva como a vía a través da cal a cidadanía canaliza as súas inquedanzas e propostas para que se lles dea resposta."

Esta responsa é a que deu Touriño á pregunta que un cidadán lle formulou no xornal A Voz De Galicia de hoxe, referida a por qué as listas seguen sendo pechadas.

Pouco atinou coa resposta, mais fino andivo o noso rival do PP, que deixou aberta unha porta para reformular o sistema nun futuro, mentres que nós, temos que resignarnos a que Touriño nos meta con calzador á súa candidata estrela na lista de Pontevedra, que para moitos militantes é estrelada, e que segue a causar certa incomodidade nas bases, mais que incomodidade, enoxo.

O noso socio Quintana, que tampouco o tivo fácil para elaborar as listas, con dimisións de candidatos incluidas durante o proceso, non quixo do mesmo xeito deixar ningunha posibilidade a non ter o poder para botar fora do BNG aos seguidores de Beiras e compañía, de maneira que tamén pechou a porta con chave.

Se a lista fose aberta, de seguro que a número 2 non levaría o noso voto...

miércoles, 18 de febrero de 2009

Agora resulta que é un teatriño

Pois vai ser que isto da política é un gran escenario con títeres bailando nel, como parece insinuar Feijoo cando se refire ao debate a tres na TVG como un "teatriño".

Aínda que nós dende o primeiro intre mantivemos que nos gustaría presenciar un face to face entre Touriño e o candidato popular, coidamos que é mais interesante un trío que quedar a dúas velas.

Feijoo rexeita asistir a un debate a tres alegando que é un dous contra un inxusto nun proceso electoral que debe caracterizarse por unha igualdade de oportunidade para todos no que se refire ó acceso ao electorado. Pero tamén é certo que unhas elecións onde se xoga moito sen debate dos candidatos é coma se imos a Atenas e pasamos de largo sen visitar a Acrópolis... pois semella que falta algo, que queda algo importante atrás.

O que nos extrana bastante é que o resto de partidos non esixan participar tamén nun debate, aínda que sexa entre os minoritarios... semella que xa están resignados a non sacar representación...

martes, 17 de febrero de 2009

A nova resignación do socialismo galego

O Partido Socialista está sufrindo unha nova crise de identidade como xa sufriu mais atrás.

Agora resulta que hai que resignarse a acadar os escanos que tiñamos nesta lexislatura que se vai, por mor de poder manternos na Xunta de Galicia 4 anos mais pactando cos nosos socios de goberno.

Temos que entender entón que o pacto de goberno xa se produciu implícitamente, pero se é así, ¿cáles son os seus termos? ¿Non temos dereito os militantes a coñecer as regras deste xogo de face-las veiras aos nacionalistas sen contar con nós?

I é que entre as bases se está calentando a cousa, xa que moitos socialistas non ocmparten este pacto co BNG e están por facer unha folga de brazos caídos durante a campaña.

Non existe un entendemento, porque ninguén llelo explicou, dos motivos polos que non podemos facer campaña en solitario, senón que xa imos collidos da man do Bloque, que por outra banda, non se cortou moito en atacarnos a nós na precampaña electoral.

Que nolo expliquen, por favor!

lunes, 16 de febrero de 2009

sábado, 14 de febrero de 2009

Volverá o Bipartito


Estos días coñeciamos a enquisa feita polo CIS onde puidemos alegrarnos coa nova de que o PPdeG non conseguirá a maioría absoluta quedándose a 2 escaños.

E iso significa que Emilio Perez Touriño volverá a ser presidente da Xunta de Galicia, presidente de todos os galegos e galegas coa axuda do BNG. Esperemos que a enquisa sexa unha realiadade e que as negociacións co equipo de Quintana poidan ser efectivas.

Por outra banda, Touriño é o lider máis coñecido entre os galegos e é o lider con mellor valoración por enriba de Feijoo e Quintana sucesivamente. E iso é froito da boa imaxe e chegada que está a levar a cabo o gabinete de comunicación de Touriño.

Agora quedan dúas semanas. Dúas semanas de traballo e de convencimento. Dúas semanas de movilización e de demostrar o PSdeG tamén é capaz de encher unha praza de touros como fixo hoxe o PP.

Touriño, o presidente de todos os galegos!

viernes, 13 de febrero de 2009

O Presidente acórdase da xuventude no pistoletazo de saída da campaña



Con este ambiente tan lúdico e moderno, propio de era dixital, daba o PSdeG o pistoletazo de saída desta campaña eletoral que no pode rematar doutro xeito que non sexa coa reedición do Bipartito.