É dabondo coñecido que unha das obras literarias máis importantes do insigne escritor Lope de Vega é
Fuenteovejuna, obra teatral en tres actos onde no primeiro preséntanse os feitos e circunstancias, no segundo vanse desenvolvendo os feitos e no terceiro resólvense.
Como é sabido, trátase dunha obra de contido social e reivindicativo, que representa a rebelión do pobo, unido contra a tiranía e a inxustiza.
Traemos isto a colación, pola
falta de consenso por parte dos tres partidos, -
PSdeG, PPdeG e BNG,- para aprobar por consenso un texto basee para unha proposición de lei,
a fin de reclamar ao Goberno Central o cumprimento dos prazos para
a chegada do tren de Alta Velocidade a Galicia. Ante esta falta de consenso, PP e BNG, estudan facelo eles sos sen contar co presidente da Xunta de Galicia. Esta posibilidade, tal como ao final manifestaron, presentarana aos seus respectivos grupos parlamentarios, que serán os que en última instancia decidan.
Cremos que do mesmo xeito que na obra de Lope de Vega, están moi claros os "feitos e circunstancias" en como se viño desenvolvendo o devandito AVE, agora o que faltaría sería o "Tercer Acto", é dicir,
que se cumpran os compromisos contraídos polo Goberno.
Nun asunto de tanta transcendencia para Galicia como son as grandes infraestructuras, e máis concretamente no caso que nos ocupa, é necesario facer o noso o de Fuenteovejuna, todos a unha!.