viernes, 30 de enero de 2009

Preséntase a lista de Pontevedra sen Touriño

Antonte presentouse no Hotel Pazo dos Escudos a lista definitiva do PSdeG para a provincia de Pontevedra de cara as inminentes eleccións do 1 de Marzo. E sorprendentemente faltou o presidente, Emilio Pérez Touriño.

Foron moitos os presentes que non entendemos porque Touriño non estivo onte na presentación da candidatura. Moitos afiliados e simpatizantes se desplazaron ata o hotel de cinco estrelas para poder ver de cerca ó candidato e actual presidente da Xunta de Galicia.

Nunha rolda de prensa posterior Touriño dixo que o motivo da súa inasistencia foi darlle un maior protagonismo á número dous pola provincia, a Conselleira de Política Territorial, María José Caride, quen non contou co apoio suficiente das bases do partido durante á conformación das listas.

Sexa certo ou non, hai que recoñecer que a falta de Touriño foi unha decisión equívoca pola súa parte posto que a súa simple presencia otorgáballe maior importancia e representatividade á presentación das litas que desta banda case pasaron inadvertidos pola prensa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O noso presidente do partido Galego Sr. Touriño, penso que se precipitou ao presentarse por Pontevedra. Ten en frenta un hoso duro de roer na persona de Feijoo. Por ser eu Pontevedrés non me gustaría que quedase co cú o aire o cal e moi probable.