miércoles, 25 de febrero de 2009

A uns días dos comicios...perdemos fuelle

Non nos enganemos, as cousas non van ben.

As enquisas non arroxan os resultados que se esperaban tras 4 anos de goberno. O Partido Popular písanos os talóns, se é que xa non nos pisan algo mais, e mentres eles están mergullados na euforia e se sinten gañadores, nós non damos todo o que se agardaba.

Algo falla, ¿falla a mensaxe?, ¿falla a imaxe? ¿fallan os candidatos? ...

viernes, 20 de febrero de 2009

Mal lema para un goberno de coalición

O PSdeG non anda moi espabilado escollendo os seus lemas de campaña.

Dende logo nós pensamos que a empresa encargada de facelo, non está moi ao tanto da historia.

É de dominio público que ao Presidente cústalle moito entenderse ás veces co líder do BNG e Vicepresidente da Xunta, de xeito que as rifas dos dous quedan evidenciadas nos xornais.

Sabendo iso... empregar o lema "Galicia fai que nos entendamos..." da a sensación de que eles sós non se poden nin ver e que teñen que facer grandes esforzos en apelar a Galicia para que ese entendemento sexa posible, ás veces...

Desafortunado lema... non causa boa impresión aos votantes.

jueves, 19 de febrero de 2009

Unha explicación pouco convincente

"Así o establecen as leis vixentes e sobre todo a Constitución, que consagra os partidos políticos como o instrumento fundamental para a participación política, como expresión do pluralismo e da vontade popular, en definitiva como a vía a través da cal a cidadanía canaliza as súas inquedanzas e propostas para que se lles dea resposta."

Esta responsa é a que deu Touriño á pregunta que un cidadán lle formulou no xornal A Voz De Galicia de hoxe, referida a por qué as listas seguen sendo pechadas.

Pouco atinou coa resposta, mais fino andivo o noso rival do PP, que deixou aberta unha porta para reformular o sistema nun futuro, mentres que nós, temos que resignarnos a que Touriño nos meta con calzador á súa candidata estrela na lista de Pontevedra, que para moitos militantes é estrelada, e que segue a causar certa incomodidade nas bases, mais que incomodidade, enoxo.

O noso socio Quintana, que tampouco o tivo fácil para elaborar as listas, con dimisións de candidatos incluidas durante o proceso, non quixo do mesmo xeito deixar ningunha posibilidade a non ter o poder para botar fora do BNG aos seguidores de Beiras e compañía, de maneira que tamén pechou a porta con chave.

Se a lista fose aberta, de seguro que a número 2 non levaría o noso voto...

miércoles, 18 de febrero de 2009

Agora resulta que é un teatriño

Pois vai ser que isto da política é un gran escenario con títeres bailando nel, como parece insinuar Feijoo cando se refire ao debate a tres na TVG como un "teatriño".

Aínda que nós dende o primeiro intre mantivemos que nos gustaría presenciar un face to face entre Touriño e o candidato popular, coidamos que é mais interesante un trío que quedar a dúas velas.

Feijoo rexeita asistir a un debate a tres alegando que é un dous contra un inxusto nun proceso electoral que debe caracterizarse por unha igualdade de oportunidade para todos no que se refire ó acceso ao electorado. Pero tamén é certo que unhas elecións onde se xoga moito sen debate dos candidatos é coma se imos a Atenas e pasamos de largo sen visitar a Acrópolis... pois semella que falta algo, que queda algo importante atrás.

O que nos extrana bastante é que o resto de partidos non esixan participar tamén nun debate, aínda que sexa entre os minoritarios... semella que xa están resignados a non sacar representación...

martes, 17 de febrero de 2009

A nova resignación do socialismo galego

O Partido Socialista está sufrindo unha nova crise de identidade como xa sufriu mais atrás.

Agora resulta que hai que resignarse a acadar os escanos que tiñamos nesta lexislatura que se vai, por mor de poder manternos na Xunta de Galicia 4 anos mais pactando cos nosos socios de goberno.

Temos que entender entón que o pacto de goberno xa se produciu implícitamente, pero se é así, ¿cáles son os seus termos? ¿Non temos dereito os militantes a coñecer as regras deste xogo de face-las veiras aos nacionalistas sen contar con nós?

I é que entre as bases se está calentando a cousa, xa que moitos socialistas non ocmparten este pacto co BNG e están por facer unha folga de brazos caídos durante a campaña.

Non existe un entendemento, porque ninguén llelo explicou, dos motivos polos que non podemos facer campaña en solitario, senón que xa imos collidos da man do Bloque, que por outra banda, non se cortou moito en atacarnos a nós na precampaña electoral.

Que nolo expliquen, por favor!

lunes, 16 de febrero de 2009

sábado, 14 de febrero de 2009

Volverá o Bipartito


Estos días coñeciamos a enquisa feita polo CIS onde puidemos alegrarnos coa nova de que o PPdeG non conseguirá a maioría absoluta quedándose a 2 escaños.

E iso significa que Emilio Perez Touriño volverá a ser presidente da Xunta de Galicia, presidente de todos os galegos e galegas coa axuda do BNG. Esperemos que a enquisa sexa unha realiadade e que as negociacións co equipo de Quintana poidan ser efectivas.

Por outra banda, Touriño é o lider máis coñecido entre os galegos e é o lider con mellor valoración por enriba de Feijoo e Quintana sucesivamente. E iso é froito da boa imaxe e chegada que está a levar a cabo o gabinete de comunicación de Touriño.

Agora quedan dúas semanas. Dúas semanas de traballo e de convencimento. Dúas semanas de movilización e de demostrar o PSdeG tamén é capaz de encher unha praza de touros como fixo hoxe o PP.

Touriño, o presidente de todos os galegos!

viernes, 13 de febrero de 2009

O Presidente acórdase da xuventude no pistoletazo de saída da campaña



Con este ambiente tan lúdico e moderno, propio de era dixital, daba o PSdeG o pistoletazo de saída desta campaña eletoral que no pode rematar doutro xeito que non sexa coa reedición do Bipartito.

miércoles, 11 de febrero de 2009

A media luz


Hoxe fíxoxe pública a decisión do goberno de levar a cabo a proposta polo que o goberno regalará bombillas de baixo consumo para diminuír a tarifa da luz das familias españolas.

A medida púxoxe en marcha nas oficiñas de Correos da comunidade aragonesa pero a idea e facelo extensible en todo o país.

A idea non é mala pero a pregunta que nos facemos é se será rentable para as rendas públicas mercar millóns de bombillas de baixo consumo. Asi mesmo, non será máis eficiente chegar a un acordo coas principais industrias eléctricas para que baixen a tarifa que gastar millóns de euros na compra.

Será unha pregunta que lle faremos a Zapatero no peche da campaña en Vigo.

martes, 10 de febrero de 2009

E será Feijoo o que ten medo

Será que ao final nos equivocamos, e Feijoo, que de primeiras se vía moi envalentonado, pedindo debates a dous, agora será él o que non acuda á cita que ten cos galegos no debate da TVG o día 20.

Non nos valen as excusas.

O PP mantén que non se cumpren as condicións esixidas, mais nós dubidamos de que sexa iso, e que o candidato da oposición négase a que o xulguen ante a cidadanía polas trapalladas do seu partido en Madrid.

Pois ben, ese reto que lle lanzou ao Presidente dun debate en Vigo e só sobre Vigo non nos convence, seguimos na teima de que de non poder ser un debate a dous, deberá ser a tres, pero sobre toda Galicia, e non sobre un rincón somentes.

lunes, 9 de febrero de 2009

O BNG contra quén fai campaña?

Tiñamos pensado que o BNG facía campaña contra o Partido que pode impedir que se reedite o Bipartito, o PP, mais temos a sensación de que estamos perdendo de vista o obxectivo marcado de volver gobernar.

Simplemente, sabemos que o BNG non conta con apoios fora de Galicia, que o voto emigrante nunca lles reportou ningunha alegría e que están facendo todo o pasible por desacreditar o proceso electoral no exterior, calificando de vergoñentas as visitas do noso candidato a Arxentina e Uruguay.

Antes de abrir a boca para soltar sapos, os nosos compañeiros de viaxe na Xunta deberían saber que tódolos votos que obteña o Partido Socialista, en realidade non teñen que consideralos axenos a eles. Mais temos visto que desexan aumentar un Escano aínda que sexa a costa de enrarecer aínda mais as súas relacións connosco...

sábado, 7 de febrero de 2009

Ao final, restrínxese o sufraxio aos emigrantes

Gaña o PP, e moitos emigrantes non poderán exercer o seu dereito a votar o 1 de marzo por mor de carecer dun documento que acredite a súa identidade á hora de emitir o voto.

Aínda que nun principio se pensou na posibilidade de emitir Pasaportes provisionais directamente nos consulados cunha validez de 6 meses, ao final, A Xunta Electoral Central non o permite.

Unha vez mais teremos que lamentar que as ansias de darlle garatías ao voto emigrantes, remate co dereito dos mesmos a emitir unha opinión sobre o que ocorre en Galicia mediante unha papeleta.

Lamentamos que isto sexa así, e veremos moi mermada a participación provinte da diáspora, que Touriño pretende ter en conta no novo Estatuto de Autonomía.

jueves, 5 de febrero de 2009

Eramos poucos... e pariu a avoa

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/02/05/0003_7508499.htm

Somos conscientes de que o BNG é a única posibilidade real que temos nós de continuar no goberno da Xunta de Galicia.

Mais creemos que non todo vale con tal de estar no poder. Precisamente é o que nós defendiamos antes de acceder á Presidencia, e non estamos dispostos a que 13 Deputados sexan a causa do noso fracaso en Galicia. A transparencia e o bo facer son imprescindibles para renovar ese contrato cos votantes ao que aspiramos o 1 de marzo.

A confianza dos galegos e galegas foi o noso maior agasallo en 16 anos, e de repente pende dun fío por mor da mala actuación dos nosos socios.

Todo isto é a campaña perfecta para o PP, con cousas así non fai falla que se molesten en facernos contracampaña, nós nos bastamos. Por favor, que alguén poña cordura na parte do pacto que non entendeu o espíritu do goberno do Progreso.

miércoles, 4 de febrero de 2009

Comezan as obras do AVE a Vigo


A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, anunciou hoxe que a próxima semana comezarán as obras do túnel de A Madroa, o acceso do tren de alta velocidade a Vigo.

O que nos sorprende e que ven a "inaguralo" a Vicepresidenta do Goberno, De La Vega. Outra dúbida que nos xorde é se a inauguración vaise facer antes do comezo da campaña electoral porque doutra maneira teremos que escoitar ó PP dicindo que facemos inauguración en plena campaña electoral.


Pero en resumidas contas, o AVE a Vigo vai ser unha realidade, Touriño comprometeuse a que estivera en funcionamento no ano 2012 e vai a cumprilo.

martes, 3 de febrero de 2009

E seguen os louxos


Por desgracia a información que imos a dar agora xa está en boca de todos así que o millor case vai ser pasala de puntillas.

A Xunta de Galicia gastou máis de 165.000 euros no mobiliario de tres salas do edificio administrativo de San Caetano. Por outra banda, a Consellería de Política Territorial destinou 337.786 euros para a renovación do mobiliario de varias das súas dependencias.

Con estes número case mellor non dicir nada e máis se desglosamos os gastos:

A Conselleira de Política Territorial, María José Caride, gastou 50.000 euros en adquirir cadeiras para sendos despachos. As cadeiras custaban case 2.000 euros cada unha. Ademáis 58.000 euros foron parar á compra de mesas, alas e caixoneiras e 69.500 euros para arquivos compactos da mesma secretaría. Se facemola suma danos 227.500 euros...
A Dirección Xeral de Urbanismo tampoco quedou de balde, Política territorial destinou 17.417 euros e tres lotes por valor de 50.898, 17.417 e 24.554 euros respectivamente como suministros complementarios ó de "adquisición de mobiliario para as dependencias" desde departamento. En total danos 110.276 euros.

Hai veces que creo que por máis tropecemos na mesma pedra non aprendemos. Espero que a oposición non saiba explotar estos datos.

Anxo Quintana segue con dedos metidos no enchufe

O Vicepresidente, unhas veces membro do Bipartito e outras veces parace que só membro do BNG, volve ás andadas con algo que non nos vai axudar o 1 de marzo en nada.

Como non lle era suficiente con deixar fixos na Administración pública a 300 persoas do BNG, mediante un proceso de oposicións que ata os nosos votantes tildaron de tongo, volve sacar outras 45 prazas coa excusa de que é uha convocatoria complementaria da do 2008.

Parece que iso do que presumía nos almorzo da primeira cadea non é o seu forte, e a transparencia e equidade que defende a esquerda no acceso a postos de traballo públicos, estase vendo substituida por un carné político.

Nós queremos desmarcarnos deste ataque aos nosos principios, dun socio de goberno que parece que ten medo a perder, que ten que facer agora o que podería facer mais adiante sen tanto rebumbio.
Queremos desmarcarnos daquel que non fai mais que darlle razóns ao PP para deixarnos en evidencia, dalguén que non sabe controlar os seus temores nin o seu temple nun período decisivo para os dous Partidos, PSdeG e BNG, e volver ser quen de reeditar o Bipartito.

domingo, 1 de febrero de 2009

Touriño enfádase con Pepiño


E é o normal. Loxicamente ningún de nós estamos contentos coa decisión da Xunta Electoral Central de invalidar os votos dos emigrantes que non vaian con copia de DNI ou pasaporte, pero o que non podemos é facelo público.

Touriño está moi enfadado coa decisión do seu partido, en especial coa de Pepe Blanco de impugnar ante o Supremo esta decisión. Asegurou que isto só servirá para darlle a razon ó PP e para aumentar a “mala prensa” e terá resultados negativos nas eleccións do 1 de Marzo.

A súa opinión xa foi trasladada tanto ao vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, coma ao número 2 do PSOE, José Blanco, a quen responsabiliza desta situación porque é a voz mediática do partido.

Ben é certo que coa nova normativa haberá un 40% de electores que votaron nos comicios pasados que non o poderán facer desta volta e iso nos supón unha clara desvantaxa porque o voto da emigración convertérase en feudo socialista.

O Secretario de Organización do PSOE debe deixar un maior protagonismo a Touriño que sabe moi ben o que quere e como o quere.