domingo, 1 de febrero de 2009

Touriño enfádase con Pepiño


E é o normal. Loxicamente ningún de nós estamos contentos coa decisión da Xunta Electoral Central de invalidar os votos dos emigrantes que non vaian con copia de DNI ou pasaporte, pero o que non podemos é facelo público.

Touriño está moi enfadado coa decisión do seu partido, en especial coa de Pepe Blanco de impugnar ante o Supremo esta decisión. Asegurou que isto só servirá para darlle a razon ó PP e para aumentar a “mala prensa” e terá resultados negativos nas eleccións do 1 de Marzo.

A súa opinión xa foi trasladada tanto ao vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, coma ao número 2 do PSOE, José Blanco, a quen responsabiliza desta situación porque é a voz mediática do partido.

Ben é certo que coa nova normativa haberá un 40% de electores que votaron nos comicios pasados que non o poderán facer desta volta e iso nos supón unha clara desvantaxa porque o voto da emigración convertérase en feudo socialista.

O Secretario de Organización do PSOE debe deixar un maior protagonismo a Touriño que sabe moi ben o que quere e como o quere.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Por certas zonas de Lugo a Pepiño Blanco como se lle chama cariñosamente, lle chaman o "palancas" porque no traballo sempre foi un "palanquín" a sombra dos demáis, ej. cando a pelota saía do campo eran sempre os demáis os que tiñan que ir a collela e votarlla o máis cerca dos pes posible, esó sí, cando así se facía pagaba con ampla sonrisa.

Anónimo dijo...

Vendo a fotografía, mais parece que o Pepiño lle está facendo un feo a Touriño.Din as malas lenguas que lle está facendo a cama de cara a quedarse de xefe en Galicia; claro está que nesa carreira primeiro lle gustaría acceder o sitio de Maddalena, eso lle daría moito "caché" pois a susodicha e fácilmente superable.