sábado, 31 de enero de 2009

O intento de Rosa Díez


A prepotencia coa que a ex-socialista Rosa Díez viu a Galicia a auto cualificarse de "clave para o futuro de Galicia" deixounos apampanados.

Esta señora, que deixou plantado ao partido ao non acadar o seu obxectivo de lograr a Secretaría Xeral do PSOE, empregando coma excusa o política antiterrorista do Partido Socialista, pretende dar leccións aos galegos con propostas copiadas dos "biligües", ou con ideas-lumbrera como a unificación das 3 universidades galegas nunha soa.

Dende logo, nunca é tarde para sorprenderse, e ben é certo que esta socialista que agora renega dos seus ideais, apoiou o que agora di que rexeita: a preponderancia do idioma da Autonomía sobre o castelán.

Vemos cómo o único que ten Rosa Díez son palabras, xa que feitos que a respalden non ten moitos.

Será que agora atopou un filón con iso do idioma e ven a Galicia a intentar roubarlle uns cantos votos ao partido que lle deu a oportunidade de ser o que hoxe é.

Veremos cánto convence ao electorado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois eu teño que decir que esta ex compañeira me gusta. E unha pena que non siga no partido ten certa frscura nos temas de mais calado, e valente e fala con moita máis claridade que moitos dirixentes nosos. E unha pena.