martes, 3 de febrero de 2009

Anxo Quintana segue con dedos metidos no enchufe

O Vicepresidente, unhas veces membro do Bipartito e outras veces parace que só membro do BNG, volve ás andadas con algo que non nos vai axudar o 1 de marzo en nada.

Como non lle era suficiente con deixar fixos na Administración pública a 300 persoas do BNG, mediante un proceso de oposicións que ata os nosos votantes tildaron de tongo, volve sacar outras 45 prazas coa excusa de que é uha convocatoria complementaria da do 2008.

Parece que iso do que presumía nos almorzo da primeira cadea non é o seu forte, e a transparencia e equidade que defende a esquerda no acceso a postos de traballo públicos, estase vendo substituida por un carné político.

Nós queremos desmarcarnos deste ataque aos nosos principios, dun socio de goberno que parece que ten medo a perder, que ten que facer agora o que podería facer mais adiante sen tanto rebumbio.
Queremos desmarcarnos daquel que non fai mais que darlle razóns ao PP para deixarnos en evidencia, dalguén que non sabe controlar os seus temores nin o seu temple nun período decisivo para os dous Partidos, PSdeG e BNG, e volver ser quen de reeditar o Bipartito.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Mentras os sociolistos de Madrid poñen as bombillas os arrivistas do BNG en Galicia poñen os enchufes. A esto sí que se lle pode chamar enchufismo integral radio-electrico.