jueves, 19 de febrero de 2009

Unha explicación pouco convincente

"Así o establecen as leis vixentes e sobre todo a Constitución, que consagra os partidos políticos como o instrumento fundamental para a participación política, como expresión do pluralismo e da vontade popular, en definitiva como a vía a través da cal a cidadanía canaliza as súas inquedanzas e propostas para que se lles dea resposta."

Esta responsa é a que deu Touriño á pregunta que un cidadán lle formulou no xornal A Voz De Galicia de hoxe, referida a por qué as listas seguen sendo pechadas.

Pouco atinou coa resposta, mais fino andivo o noso rival do PP, que deixou aberta unha porta para reformular o sistema nun futuro, mentres que nós, temos que resignarnos a que Touriño nos meta con calzador á súa candidata estrela na lista de Pontevedra, que para moitos militantes é estrelada, e que segue a causar certa incomodidade nas bases, mais que incomodidade, enoxo.

O noso socio Quintana, que tampouco o tivo fácil para elaborar as listas, con dimisións de candidatos incluidas durante o proceso, non quixo do mesmo xeito deixar ningunha posibilidade a non ter o poder para botar fora do BNG aos seguidores de Beiras e compañía, de maneira que tamén pechou a porta con chave.

Se a lista fose aberta, de seguro que a número 2 non levaría o noso voto...

No hay comentarios: