miércoles, 18 de febrero de 2009

Agora resulta que é un teatriño

Pois vai ser que isto da política é un gran escenario con títeres bailando nel, como parece insinuar Feijoo cando se refire ao debate a tres na TVG como un "teatriño".

Aínda que nós dende o primeiro intre mantivemos que nos gustaría presenciar un face to face entre Touriño e o candidato popular, coidamos que é mais interesante un trío que quedar a dúas velas.

Feijoo rexeita asistir a un debate a tres alegando que é un dous contra un inxusto nun proceso electoral que debe caracterizarse por unha igualdade de oportunidade para todos no que se refire ó acceso ao electorado. Pero tamén é certo que unhas elecións onde se xoga moito sen debate dos candidatos é coma se imos a Atenas e pasamos de largo sen visitar a Acrópolis... pois semella que falta algo, que queda algo importante atrás.

O que nos extrana bastante é que o resto de partidos non esixan participar tamén nun debate, aínda que sexa entre os minoritarios... semella que xa están resignados a non sacar representación...

No hay comentarios: