viernes, 9 de enero de 2009

O castigado Meijón


Segundo temos entendido, o actual Deputado socialista pola provincia de Pontevedra, Guillermo Meijón, que formou parte da anterior candidatura no posto 6, vai permanecer nel, se é que non baixa.

O bo de Guillermo, que fixo estes catro anos un traballo excelente no Parlamento de Galicia, non se vai ver recompensado polo esforzo feito, senón que, pola contra, vai ser considerado igual ou menos que nas anteriores eleccións.

O Presidente Touriño será o que encabece a lista pontevedresa, seguido dos Conselleiros que porá en postos de saída, mentres que os Deputados que desenvolveron un bo traballo non se verán recompensados, mais ben serán castigados por non ter sido caras mais visibles con tirón mediático.

Vemos que á hora de confeccionar unha candidatura, prima mais o popular que sexa un nos medios de comunicación ou o guapo ou feo que o xulguen, antes que a evaluación do traballo desenvolto.

Non entendemos os criterios que se siguen para deixar a Meijón relegado a postos baixos. Él ben merece subir nunha lista na que sobran personaxes e faltan persoas.

Ten todo o noso apoio Don Guillermo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

pois eu creo que é bo rotar, e máis no caso do secretario provincial ( el xa lle dixo a outros que 8 años eran abondo para estar nun cargo) e máis cando xa está queimado ¿porqué os cargos orgánicos teñen que ir nas listas sempre? Hai que ir abrindo camiños a novos aires, a min pareceme ben o relevo de Meijón pero pareceríame mellor que lle tocara a outros antes.

Anónimo dijo...

por certo no creo eu nos castigos políticos, os cargos non son vitalicios e hai moita xente neste partido que parece creer que sí o son

Anónimo dijo...

Hai moita xente traballadora que non ve que ese traballo dea frutos, e xa se están empezando a cansar... logo cando faga falta xente das bases que mova banderiñas e encha os ocos valeiros nos actos do partido, por non falar das pegadas de cartelería na campaña, veremos a quen chaman!