martes, 13 de enero de 2009

As bases falan alto e claro


E nelas se está explicitando de xeito contundente que o desexo maioritario é que o Partido conte coa xente que traballa para él sen pedir nada a cambio, pero sen dúbida, agardando por algo en pago por ese traballo desinteresado nas bases durante tanto tempo.

Que de repente agora se pretenda meter con calzador aos Conselleiros nas candidaturas ao Parlamento de Galicia, non está cuaxando moito, e está xerando incomodidades impropias dun partido que sempre contou, ou esa era a idea, coa xente da rúa, que representa á poboación que os vai votar nas furnas.

¿Por qué esa imperiosa necesidade de incluir a Mª Xosé Caride na lista de Pontevedra? xa se deixou claro que non gusta, que non cala, que non chega aos militantes socialistas, que hai mais xente mellor ca ela para liderar unha candidatura.

Os Conselleiros están copando os postos de saída e isto o único que vai traer, como xa se viu onte na asamblea de Vigo, é tensións internas que nada conveñen nesta época. A impugnación da votación de onte, é só o principio dunha longa loita das bases por recuperar o protagonismo que merecen.

Xa o dixemos e volvemos a insistir. Mentres o PSdeG non conte cos traballadores de toda a vida, irá perdendo pouco a pouco, irá minando a moral das persoas que día a día, incansablemente, loitan polos ideais socialistas, e non por sí mesmos.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

SI PERO NON. O problema he que non hay "moqueta para todos" e si cando un militante ocupa un cargo duarante catro anos en un posto de tanta responsabilidade e despois de recoller unha experiencia, se lle aparta e se pon outro que ten que empezar de novo...así van as cousas. Para xestionar unha consellería necesítase ter unha experiencia de anos na administración, ou polo menos na empresa privada -en moitos casos e mellor-pois o funcionariado esta moi viciado. He necesario dar estabilidade a xestión e hay que ter en conta aquelo que di "que vale mais malo coñecido que bo por coñecer".

Anónimo dijo...

A Caride non tiña experiencia na Administración necesaria para xestionar como ti dis unha Consellería, o que trouxo as consecuencias que hoxe podemos ver: o descontento de moitos Concellos con ela, empezando por Vigo, que lle deu un barapau na Asamblea.