lunes, 12 de enero de 2009

Con Lobeira se saltan a norma


Os estatutos do Bloque limitan o número de legislaturas dos seus deputados polo que a Bieito Lobeira tocáballe cambiar de aires.

Pero claro, prescindir dun dos mellores arietes nun momento tan decisivo é como sentar a Messi no banquiño no partido no que se xoga a Liga, e Anxo Quintana non está para permitirse estes louxos de cara ás eleccións autonómicas polo que como dixo o dirixente nacionalista, sempre hai unha excepción que confirma a regra.
Imos, que Lobeira repite. Xa lles adiantamos, vai de cuarto por Pontevedra.

E xa saben, se hai bipartito de novo e ao BNG tócalle no reparto a consellería de Pesca, xa saben quen vai ser o conselleiro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois si lle tocara pesca a Lobeira a Touriño podíalle tocar agricultura. Así un lobiño e un touriño farian una boa parella. Andade con cuidado por que xa sabedes aquélo de que a río revolto ganancia de pescadores.
Non tentedes o diablo.