miércoles, 7 de enero de 2009

Disolto o Parlamento


Hoxe quedou oficialmente disolto o Parlamento de Galicia. A disolución foi publicada no DOG, Diario Oficial de Galicia, polo que os galegos e as galegas están chamados oficialmente a acudir ás urnas o próximo 1 de Marzo.

Esperemos que estes catro anos de presidencia socialista sexan suficientes para que os votantes galegos se den conta da importancia dun goberno de progreso, dun goberno en movemento e dun goberno que quere continuar coa política da comprensión e avance catro anos máis.

Para elo dende aquí, dende o noso portal, pedímosvos que sentedes a cabeza e votedes unha ollada cara atrás, pero especialmente pedímosvos que reflexionedes para que o PSdG poida gobernar en maioría, sin ter que depender do BNG.

Durante estes catro anos as constantes incomomodidades de gobernar con BNG fixéronse paténses. É moi compricado sacar adiante unha proposta co rechazo incesante do hasta hoxe socio de goberno.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O que fai falta en Galicia, ao igual que no resto de España, he unha modificación da Ley Electoral que permita gobernar a lista maís votada.
Iso en primeiro lugar, despois sería necesario que gobernasen sempre os partidos mais votados, si fora necesario mediante as coalicións que foran necesarias.
Non pode ser vivir en un chantaxe permanente donde as minorías nacionalistas marquen o paso político dos dous grandes partidos PP, PSOE.