viernes, 28 de noviembre de 2008

Teresa Táboas recorta o presuposto destinado á vivenda


A Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, anunciou onte que como non se cumpriron as expectativas de gasto destinado ao aluguer de vivendas, o que van facer é reducir o presuposto para dito fin. E aínda mais, sostén que o que hai que facer é incentivar económicamente aos propietarios dos pisos para que o inclúan na bolsa de alugueiro.

A vivenda é unha das maiores preocupacións dos galegos, especialmente dos xóvenes. A dificultade dos xóvenes para encontrar unha vivenda, para facer fronte a unha hipoteca ou simplemente para vivir nun piso de aluger é cada vez maior.

Por iso non entendo como militante socialista que a nosa Conselleira de Vivenda recorte o presuposto destinado a este fin e se quede tan tranquila. Dende logo non é a imaxe que deben dar os partidos (Bloque e PSOE) que tradicionalmente están ó lado dos xóvenes, ó lado de aqueles que teñen máis necesidades para alcanzar un nivel de vida óptimo.

Así pois, e aínda que non nos gusta, non imos a aprobar este tipo de medidas e dende aquí agardamos unha pronta rectificación.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Dende logo que non podemos estar de acordo con esta medida.

Non me podo creer que isto veña do PSOE e máis cando estamos nos derradeiros meses dos comicios autonómicos.

Non hai por onde xustificar esta medida!