sábado, 29 de noviembre de 2008

O Goberno crea un Plan Renove para o turismo

Nunha situación de crise, o sector servizos é un dos máis afectados e por iso hai que actuar de xeito áxil e rápido tratando de adiantarse aos acontecementos que estean por vir. Con este fin o Goberno acaba de poñer en marcha un Plan Renove para a hostalería, con axudas a créditos brandos do ICO na perspectiva de potenciar a calidade e as infraestructuras turísticas.

Este plan supón un orzamento de 400 millóns de Euros e estará adicado a todo o sector, tanto de hospedaxe, restauración, axencias de viaxes, servizos auxiliares, etc., trátase dun plan de rescate moi importante dado o gran número de beneficiarios ao que vai dirixido. Hai que resaltar que este sector supón no conxunto do estado, un 11% de aporte ao PIB.

O secretario de Estado de Turismo Joan Mesquina, espera que con estas medidas empécense xa a neutralizar os efectos que se están a notar polo descenso na demanda e no gasto por parte dalgúns países así como tamén na demanda interna.
Estas medidas enfocadas, principalmente á liquidez nas empresas turísticas, son moi ben recibidas polo sector pero recordan que se deberían complementar con outras como a converxencia nas Leis autonómicas, axilización de visados a turistas de países emerxentes, unha reforma nas condicións laborais, etc.

Dende logo este é o comezo do camiño para recuperar a perda de confianza dos turistas nacionais e extranxeiros co noso país e coa nosa comunidade. Queda moito por facer e debemos recordar que o turismo é unhas das principais fontes de ingresos do Estado.

No hay comentarios: