viernes, 21 de noviembre de 2008

O gran problema



Estes días coñecíamos a enquisa do CIS onde o paro volveu ser a primera preocupación dos galegos. A verdade é que a cousa non pinta nada ben. Os parados aumentan, os prezos da cesta da compra aumentan e a desesperación de todos nós ó ver que o noso soldo é o mesmo, tamén aumenta.

O paro subiu na Comunidade galega en 3.300 persoas (un 3,04 por cento) no terceiro trimestre deste ano con respecto ao anterior, o que situou o total de desempregados en 112.400 e a taxa de paro no 8,47 por cento.

Como reflexa o CIS este é o principal problema ó que ten que facer fronte o noso Presidente da Xunta, e sendo sinceiros,os datos non nos acompañan moito de cara ó comezo da campaña electoral este fin de semana.

Se os datos os ampliásemos ó último ano, o incremento do paro en Galicia sería de 24.900 persoas, un 28,47 por cento.

Por todo isto, temos que ter moito coidado coas novas que lle chegan á prensa. Non debemos esconder que a reforma do despacho de Touriño ou o prezo do coche oficial estanos a pasar factura entre os votantes galegos e eu aínda diría máis, entre os votantes socialistas.

No hay comentarios: