viernes, 21 de noviembre de 2008

O VOTO EMIGRANTE OUTRA VEZ NA POLÉMICA


Parece que pasou o tempo, pero non as malas costumes. Mudamos de Presidente en España, e mudamos de Presidente en Galicia, pero seguimos tendo as mesmas cousas baixo sospeita.

Cando todos dabamos por suposto o aire fresco e limpo que entraría na nosa terra co Goberno do Progreso, vemos que, nalgunhas cousas, todos coxeamos do mesmo pé.

Esta vez, a polémica surxe co voto emigrante. Recordamos que, en xuño, as tres forzas políticas galegas consensuaron un acordo para que a reforma do voto emigrante se producise antes dos comicios que se aproximan, e os residentes no exterior puideran votar por fin en urna. Nin se cumpriu nin hai perspectivas de que se faga.

Pero o mais sangrante de todo é que o que antes era motivo e protesta nas filas do actual bipartito, agora transfórmase nunha pitada arbitral que barre para casa en caso de necesidade.

Nisto, é procupante que haxa consenso entre PP e BNG, algo que debería facer reflexionar ao goberno de Zapatero, que está sendo acusado non demasiado inxustamente, de actuar coa mesma desidia que o anterior executivo de Aznar no que atinxe á depuración do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes), e de carecer de vontade política para facelo.

¿Onde quedaron aquelas palabras de Touriño "Non se debe dubidar da vontade política do actual goberno para impulsar a reforma do voto emigrante, a non ser para facer un uso electoralista e actuar con oportunismo político"?

Cando se reclama transparencia e legalidade, coma sempre se fixo neste partido, débese predicar co exemplo.


No hay comentarios: