viernes, 19 de diciembre de 2008

Unha SGAE agradecida


Non debemos deixar pasar un tema tan polémico no seu día: o pago que temos que realizar á SGAE pola utilización das cancións dos artistas pertencentes a esta asociación.

Parécenos ben que se puxese o canon, a pesares das críticas do PP, que dicían que era o pago de Zapatero pola suposta axuda que lle prestaron dende a Plataforma de Artistas en apoio a Zapatero (PAZ). Os artistas teñen que vivir das súas creacións, musicais, literarias,... pero este imposto non debe ser aplicado de xeito arbitrario, cobrándoo segundo quén teña que pagalo.

É o caso dos actos políticos festexados ao longo de todo o territorio do noso país, nos cales ás veces empregamos o himno de cada partido, e outras veces, cando queremos ser mais modernos e diferentes, empregamos música de coñecidos artistas actuais.

Cando isto sucede, e coma todo fillo de veciño, temos que apoquinar a correspondente cantidade á SGAE. Sen embargo, isto non se aplica igual para todos. Nós, que predicabamos naqueles tempos nos que estabamos na oposición un trato igual, a supresión dos amiguismos e os privilexios, atopámonos con que, non só somos iguais, senón que ás veces somos peores dos que nos antecederon...

Preguntámonos, ¿por qué a Presidenta da Comunidade de Madrid tivo que abonar o imposto por empregar determinada música no seu Congreso Autonómico, e nós non tivemos que facer o mesmo por empregala no nosos Acto de Proclamación de Touriño coma candidato á Xunta de Galicia?

¿Non deberiamos predicar co exemplo se queremos poder falar con todo o peso da razón e da moralidade, sobre todo agora que veñen as eleccións? Non queremos mais enganos, nin mais caciquismos no noso país. Deixemos atrás os comportamentos de favoritismo e comecemos a ter un comportamento axeitado ao que somos: un Partido serio.





No hay comentarios: