jueves, 25 de diciembre de 2008

¿Qué ocorre en Arteixo?

Agora que estamos case finalizando o ano, debemos facer unha reflexión sobor da peliaguda situación pola que estamos a atravesar en municipios como Arteixo.

A nosa desgraza é que as opcións de goberno que temos son por medio de pactos, xeralmente co BNG, ás veces, como nos ocorre en Arteixo, con Terra Galega. Formación, por outra banda, que non ten uns principios ideolóxicos que se achegan aos nosos, senón que van un pouco por libre, firmando pactos de goberno con quen mais lles convén en cada momento.

Con eles estamos expostos a que nos inviten a pasar á oposición en calquera instante.

Pero, indo un pouco mais en profundidade no que acontece neste Concello do Noroeste galego, atopámonos con que a Alcaldesa, Pilar Souto, rexeitou fai pouco, os planes de vivenda que a Xunta de Galicia tiña pensado aplicar neste e noutros municipios.

A 2 meses dunhas eleccións nas que nos xogamos moito, a mandataria local decide actuar por conta propia, pasando por alto a delicada e sutil crise pola que atravesa o goberno autonómico, e poñendo en entredito a política de vivenda de Teresa Táboas no momento menos axeitado.

Como ela, outros Alcaldes socialistas tomaron a decisión de botar terra por riba das pretensións da Consellería de Vivenda, a pesares de ter recibido ordes dos superiores de non poñer trabas aos nosos socios na Xunta.

A pregunta é obvia: ¿qué ocorre cos nosos Alcaldes e Alcaldesas, que están empeñados en afundir o barco das políticas que mais beneficios dan: as de vivenda? ¿Por qué o Presidente non lle pon fin a esta pequena e desapercibida rebelión contra o nacionalismo? Nestes momentos non debemos actuar para restar, senón para sumar. A Xunta de Galicia dependerá da nosa maña para achegar posturas, e non para alonxalas.

Rematemos ben o ano.


No hay comentarios: