jueves, 18 de diciembre de 2008

Amienemigos



Ás veces preguntámonos se acertamos nos amigos que nos fixemos para sacar Galicia adiante. Preguntámonos a miúdo entre os afiliados ao Partido Socialista, se verdadeiramente non será peor para nós a longo prazo ter ó lado a un Partido mais interesado en gañar un puñado de votos que en conservar unha alianza que, en teoría, e se a memoria no nos engana, foi feita polo ben da nosa Comunidade, polo ben dunha terra que estaba farta de xestións mellorables, polo ben de Galicia, que precisaba dun goberno de progreso.

¿Onde quedou o progreso?

Progreso quedou reducido a que os nosos aliados no goberno de Galicia nos chamen corruptos.

Progreso quedou reducido a que os nosos socios na Xunta nos digan que mercamos sacas de votos nas oficinas de correos dos países nos que os emigrantes exercen o seu dereito ao voto.

Progreso quedou reducido que os nosos "compañeiros de viaxe" nos restreguen pola cara o caso da axente electoral acusándonos igual que se fosen a oposición.

Progreso quedou reducido a que nos insulten nos medios de comunicación chamándonos "insolventes políticos", acusandonos de mentir e instándonos a que calemos a boca.

Progreso quedou reducido a que cuestionen a nosa formación académica en público.

Parécenos que o único que conseguimos con isto é poñernos en evidencia ante o electorado que, dentro de tres meses terá que escoller a quén lle da a súa confianza.

De seguir así, seguro que non nos vai moi ben...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Menudo ejemplo. Claro, que lo que dice Aymerich de que Lage no terminó la carrera es cierto. es un trepa y un caradura, por eso llegó hasta donde llegó.