lunes, 29 de diciembre de 2008

A tortas co voto emigrante


Unha vez máis volvemos ter unha imaxe de confrontamento entre o noso partido e o BNG.

O vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, culpou hoxe ao BNG de "querer eliminar o voto da emigración" porque é un sufraxio "no que hai anos traballa" para ter presenza e "non o conseguiu".

Varela replicou deste modo ao coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, que acusou os socialistas de "manter un dobre discurso para evitar esta reforma por intereses electorais".

"A diferenza entre o BNG e o PSdeG é que nós queremos regular e o BNG quere eliminar o voto da emigración, porque é un voto no que hai anos que traballa para ter presenza e non o conseguiu, non consegue nos procesos electorais máis alá dun dous ou un tres por cento", acusou Varela, quen reprochou que ao Bloque "sinxelamente non lle interesa e pretende eliminar ese voto".

O dirixente socialista condenou o "dobre discurso" do BNG, un o que manifesta "aquí" en Galicia e outro "fóra". Así acredita como en Arxentina, Uruguai ou Suíza, os nacionalistas "defenden os dereitos dos emigrantes e aquí os elimina".

"Sería bo cando o BNG fose a Bos Aires ou Montevideo que lles dixesen aos emigrantes galegos o que din aquí en Galicia de que son uns votos vendidos ou vergonzosos", asegurou.

No hay comentarios: