miércoles, 31 de diciembre de 2008

Galicia necesita Máis e Mellor

Estamos asistindo a unha notabale disparidade de criterios PSOE-BLOQUE, en relación á reforma do financiamento autonómico cuio borrador presentouno recentemente o Ministro de Economía, Pedro Solbes.

É doado entender que nun asunto de tanta importancia para Galicia, os dous socios de Goberno terían que ter un posicionamento común, unha unidade de criterios para poder defender con firmeza a nosa participación na "torta" do reparto autonómico.

Mentres a maioría das demáis autonomías teñen formulacións claras e van a polo gran que lles interesa, Touriño considera o reparto de positivo e razoable para os intereses de Galicia e asegura que o acordado "responde ás expectativas". Por outra banda, o socio de goberno, acúsanos de de "insuficiente e prexudicial para o noso país".

Entón, en que quedamos!. Nun asunto de tanta transcendencia non cabe lugar á improvisación nin a división das peticións a realizar en Madrid. Un goberno autonómico ten que ter, en asuntos de tanta envergadura, unha posición clara e precisa do que se pretende e quere facer valer. Non é de recibo para os xuros de Galicia o que se vaia a negociar e ó final, nós digamos unha cousa e o socio de goberno outra.

Esta división tan manifesta, coloca a Galicia nun lugar de inferioridade respecto doutras comunidades, ante os nosos propios cidadáns e, se non queremos dar a razón ós que critican de que hai un "bigobierno" ou "dos gobernos distintos na Xunta", non podemos estar en desacordo na defensa dos intereses de Galicia.

Temos que pedirlle a Touriño unha maior exixencia neste eido. Galicia non é unha comunidade de segunda. Galicia necesita un mellor financiamento.

No hay comentarios: