jueves, 4 de diciembre de 2008

Sentidiño co que se fai



Xa falamos do gabinete de asesores que o Partido Socialista vai crear para que os Alcaldes non teñan maiores complicacións á hora de levar a cabo as obras cos cartos destinados á creación de emprego.

Emprego preciso nestre intre, xa que Galicia está sendo azotada tamén polo látigo da crise e os ERE das empresas continuamente anuncian mais paro.

A idea dos fondos destinados ao emprego está moi ben, pero dende aquí queremos facer un chamamento á cordura para xestionalos.

Non deixa de ser un perigo que os mandatarios locais manexen este tipo de creación de emprego, xa se sabe que, independentemente da cor política, as tentacións son múltiples.

Ollo con isto, que pode ser unha baza para a oposición contra os propios creadores de emprego.

Pero nós queremos ir mais aló, e poñer sobre a mesa a incoherencia de que eses empregos sexan únicamente para obras. ¿Por qué non se destinan a axudar aos dependentes? Con iniciativas como a comida a domicilio, a colaboración nas tarefas do hogar das persoas con dificultades, etc, se solucionarían dúas cousas: a mellora desas persoas que precisan de axuda, e a creación de emprego sen que sexa únicamente para un sector da poboación maioritariamente masculino.

Dende aquí, desexamos que a reflexión leve a unha acción mais proveitosa para todos e todas.


No hay comentarios: