lunes, 22 de diciembre de 2008

¿Touriño vs Feijoo en A3?


A directora dos servizos informativos de Antena 3 TV, Gloria Lomana, emplazou a Emilio Pérez Touriño e a Alberto Núñez Feijoo, a un debate cara a cara, con motivo da celebración das eleccións ó Parlamento de Galicia o próximo día 1 de Marzo.

O presidente dos populares galegos, Núñez Feijoo xa aceptou a proposta e agarda que o Presidente en funcións, acépteo tamén.

Para Alberto Núñez Feijoo, os cidadáns galegos teñen o dereito de escoitar cales son as alternativas de Goberno dun e outro partido, e según Feijoo, nada mellor que un man a man das dúas persoas que teñen posibilidades reais de presidir o próximo Goberno de Galicia."

Agora Antena 3 TV está á espera da confirmación do noso líder socialista, Emilio Pérez Touriño quen aínda non se decantou acerca da posibilidade da realización do debate e do que esperamos dende aquí que si aconteza.

Ben é certo que éste non é quizáis o mellor momento para Touriño, xa que dende a súa presentación como candidato, que por certo non contou coa presenza e o apoio do Presidente do Goberno, teme que o líder do PP, logre poñer en evidencia algunhas das políticas que se levaron a cabo dende o bipartido da Xunta.
Dende logo, o que si estou seguro, e que o debate televisivo ten que producirse. É moi importante para o electorado galego coñecer de primeira man, cales son as propostas e alternativas de ambolos dous grandes partidos nacionais e autonómicos.

No hay comentarios: