martes, 16 de diciembre de 2008

Loli Rodríguez Amoroso cántalle as 40 ao BNG

http://blogdeloli.blogspot.com/2008/12/esos-compaeiros-de-viaxe.html

Onte, navegando polo mundo blogueiro, vímonos sorprendidos co artigo publicado no blog da Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Loli Rodríguez Amoroso, que se refería explícitamente ao Partido que actualmente supón a nosa chave para poder gobernar Galicia: o BNG.

O tono no que foi escrito o artigo denota un sentimento agochado por tódolos socialistas, prácticamente dende que comezou a lexislatura.

Referímonos a este post publicado por esta dirixente autonómica precisamente como recoñecemento á valentía que ten de facer público o que moitos pensamos: que este domingo, Touriño tivo unha baixada de pantalóns olímpica, no momento no que lle agradeceu a Quintana todo o seu traballo.

Nós preguntámonos, ¿qué traballo? porque un aliado fiel, un compañeiro de viaxe leal coma debeu ser o BNG, non debería verter as declaracións que verte na prensa contra o que está permitindo que goberne na Xunta: nós.

Máis que un compañeiro de viaxe, parece que é a oposición dentro do propio goberno. ¿Cando se darán conta de que sen nós non son nada? ¡NADA!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hay que ser moi papanatas para pensar que o BNG poida ter algún agradecemento para con os que lle facilitan o acceso ao poder. Si puderan te clavarían pola espalda.