sábado, 13 de diciembre de 2008

Mos mobilizouse, pero non foi suficiente

No día de onte, puidemos asistir a un novo acto de usurpación ilexítima.

Entre berros, insultos e consignas coreadas polos asistentes ao pleno de Mos, apenas puideron levar o debate ata o salón onde se desenrolan os Plenos, votando sen case dar unha xustificación válida do por qué dese roubo.

Xa non temos palabras para calificar este desenlace predecido por todos, dabondo se dixo xa, en foros, en xornais, en radios... xa sólo nos queda lamentar unha vez mais dúas cousas.

A primeira é que se rachase co pacto nacional antitransfuguismo que unánimemente tódolos partidos firmaron para evitar censuras coma ésta.

A segunda é que sigamos mirando para outro lado cando contamos con cabezas de lista e dirixentes locais que non saben o que significa INTEGRACIÓN E UNIDADE.
Unidade que non se soubo manter no Grupo Municipal de Mos, provocando así o abandono dun Concellal, que, lexos de renunciar á súa acta, proseguiu no grupo mixto á espera dunha oportunidade que non lle soubo dar o seu propio partido.

Ante todo, os políticos que se precien de selo, teñen que saber manter unido ao grupo que fai que sexa posible o goberno. Isto é o que está provocando disgustos varios no seno do PSdeG, no que todo o mundo sabe que se disimulou pola falla de modos da súa cabeza visible mosense asistindo aos actos varios que se organizaron en rexeitamento pola moción de censura, pero no que se sabe que Mª Jesús Escudero non é o que se di, a mellor opción para voltar ás urnas nas vindeiras eleccións.

No hay comentarios: