martes, 2 de diciembre de 2008

Actividades educativas fora do horario lectivo


Os estudantes poderan acudir ós centros educativos fora do horario lectivo. A Conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón presetou onte unha proposta para garantir a formación integral do alumno e a mellora do éxito escolar así como a conciliación familiar e laboral das familias galegas.

Xa ía sendo hora de que os alumnos puideran acudir ós seus respectivos centros fora do horario estrictamente lectivo. Esta era unha demanda histórica das familias galegas que se acrecentou nos derradeiros anos e que a Consellería de Educación non se atrevía a levar a cabo polas reticencias do profesorado.

A medida afecta a máis de 145.000 alumnos e propoñe a realización de diferentes actividades lúdicas, deportivas, de entretenemento ou lectivas para todos aqueles estudantes que así o quixesen.

A proposta é moi ben vista polo colectivo estudiantil e polas APAS pero recoñecen que queda moito aínda que mellorar. Entre esas demandas están a apertura dos centros durante a fin de semana e a existencia de clases de reforzo extraescolar para todos aqueles que así o precisen, especialmente entre aqueles que teñen grandes dificultades durante o curso e que non teñen recursos para facer fronte a unhas clases particulares.

Non nos queremos esquencer do erro que se cometeu dende a Consellería de Educación acerca do novo decreto de educación implantado no Bacharelato polo que un alumno pode avanzar de curso con ata seis asignaturas suspensas. Este sistema non garante o esforzo e o enriquecemento dos alumnos dada a escasa exixencia que se imparte nas aulas e provoca unha clara desvantaxe de cara ó acceso á universidade debido á enorme diferenza de nivel e conceptos entre ambos estudos, e máis coa entrada en vigor do Plan Bolonia.

No hay comentarios: